Polos Creativos

O noso cole participa no programa de Polos Creativos da Xunta de Galicia

Os Polos Creativos son espazos educativos innovadores cun deseño modular e especializado. Estes ocupan espazos físicos específicos nos centros educativos e están estruturados pedagoxicamente para estimular o pensamento computacional, a creatividade mediante a superación de desafíos, a execución de proxectos e a resolución de problemas.
Contamos cun aula específica na que propiciamos experiencias de descubrimento e investigación, dende Infantil ata Secundaria, propiciando así o pensamento computacional a través da lóxica e robótica plantexado dende a natureza, onde cada persoa atopa un lugar no que poder amosar todo o seu potencial ao seren proxectos interdisciplinares.

Proxecto 3ºESO deseño en 3D de réplica da Aula de Polos – «A miña aula ideal»

Nesta páxina poderedes ver algún dos actuais traballos que o noso alumnado está realizando.

“Click ODS” é un concurso ideado polo alumnado de 3.º da ESO, que inicialmente desexaba organizar un certame fotográfico para implicar á comunidade educativa. A temática dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible xurdiu despois de traballaren, no primeiro trimestre, nun mural con pintura que absorbe CO₂, o que os levou a querer promover a sostibilidade e a reflexión sobre os ODS a través da fotografía.

Durante o segundo trimestre, prepararon o concurso: crearon o logotipo, redactaron as bases (logo corrixidas por unha asesoría legal) e aprenderon técnicas de composición fotográfica. Finalmente, no terceiro trimestre, lanzaron oficialmente “Click ODS”, contando coa colaboración do fotógrafo Edu Pereira para elixir as fotografías gañadoras tras a preselección feita polo propio alumnado. Así, combinan creatividade, compromiso medioambiental e aprendizaxe cooperativa para implicar a toda a comunidade escolar.

Preme na imaxe para acceder ao concurso:

Descobre o emocionante proxecto de AyalaSat, un equipo formado por alumnado de 1º de ESO do noso cole.
En colaboración coa Axencia Espacial Europea a través de Esero Spain e o Museo Interactivo Parque de las Ciencias de Andalucía, sumerxímonos no desafío CanSat.

¿Qué é CanSat? É un proxecto educativo no que o alumnado deseña, constrúe e lanza un pequeno satélite do tamaño dunha lata de refresco. Equipado con sensores, o CanSat pode medir temperatura e presión durante a súa descida dende unha altura de 1.000m.

O noso equipo de aventureiros adícase a explorar este fascinante campo, aprendendo sobre ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas dunha maneira práctica e emocionante. Co obxectivo de deseñar un CanSat funcional, combinamos a creatividade co rigor científico, fusionando a estética steampunk coa tecnoloxía moderna. Aquí podedes ver seu organigrama:

Segue a aventura no seu blog e descobre como AyalaSat embarcouse neste apaixoante viaxe cara ás estrelas. Preme no seu logo para acceder.

NOVAS DE POLOS NO CPR AYALA

  • O termómetro sube en Física e Química de 2ºESO 24/25
    Hoxe en Física e Química de 2ºESO puxemos en práctica todo o aprendido sobre o calor dunha maneira 100% creativa! Comezamos cun quiz online interactivo deseñado polo profesorado do departamento para repasar conceptos clave…...
  • Física e Química e Tecno ESO traballando con diversas metodoloxías 24/25
    No noso cole sabemos que non hai unha soa maneira de aprender, por iso en Física e Química traballamos cunha mezcla de metodoloxías adaptadas ás necesidades de cada grupo e momento. Porque en diversidade...
  • Entrega de trofeos ClickODS 24/25!
    Esta semana fixemos entrega dos trofeos aos tres gañadores do noso I Concurso Fotográfico Click ODS, organizado polo alumnado de 3º da ESO e centrado no ODS 13: Acción polo Clima 🌍💚 Os propios...
  • Maquetas xeométricas en 3º ESO! 24/25
    O noso alumnado traballou os corpos xeométricos dun xeito moi especial: creando maquetas co desenvolvemento plano de cada figura e calculando con precisión a súa área e volume. 🔺🔵 Cada proxecto é único:🎨 Desde...
  • Probamos, conectamos… e aprendemos 24/25
    🔋💡 Probamos, conectamos… e aprendemos! Así foi a sesión de hoxe con circuitos eléctricos en na ESO, na que o noso alumnado experimentou en directo como funcionan os compoñentes dun circuíto: bombillas, pilas, cables...
  • 1/3… parece maxia, pero é matemáticas! 24/25
    Na ESO puxémonos en modo científico e mans na auga para explorar os volumes do prisma, a pirámide, o cilindro e o cono… sen saber nada das fórmulas! 🤯 💡 Comezamos comparando os corpos,...
  • Explosión xeométrica en 2º ESO! 24/25
    Celebramos o Día Internacional das Matemáticas con moita creatividade e… ¡unha boa dose de volume! O alumnado de 2º da ESO traballou os corpos xeométricos de maneira manipulativa, creando uns orixinais cubos explosivos que...
  • Gañadoras e gañadores ClickODS 24/25!
    📸✨ Xa temos gañadores e gañadoras do noso concurso de fotografía ClickODS! ✨📸 Logo dun proceso de selección con participación do alumnado de 3ºESO e o fotógrafo Edu Pereira, temos o pracer de anunciar...
  • Sexta sesión e peche do Plan de Formación Continua TIC 24/25
    🎤💻 Peche do noso PFCT cun podcast colaborativo! 💡🎧 Hoxe celebramos a sexta e última sesión do noso Plan de Formación Continua do Profesorado, dentro do noso Plan Dixital de Centro. Foi unha xornada...
  • Rumbo á Final da Olimpíada Matemática AGAPEMA 24/25
    O noso alumno de 2ºESO Juan Pablo vén de superar con éxito a fase de zona da Olimpíada Matemática de AGAPEMA e xa ten praza para participar na final galega, que se celebrará o...
  • Aurelio Ringlones e o Segredo do Ayala 24/25
    📚✨ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON TODA A COMUNIDADE! ✨📚 Hoxe vivimos unha mañá moi especial no cole para conmemorar a Semana do Libro coa lectura compartida do noso conto: «Aurelio Ringlones e...
  • 2º ESO participa na Olimpiada Matemática AGAPEMA 24/25
    O nosos alumnos de 2º da ESO, Juan Pablo e Brián, veñen de participar na fase de zona da Olimpíada Matemática organizada por AGAPEMA. Este concurso, centrado na resolución de problemas, busca fomentar o...
  • Quinta Sesión do Plan de Formación Continua TIC 24/25
    📍 Seguimos avanzando no noso Plan de Formación Continua TIC, dentro do Plan Dixital de Centro. Un espazo para aprender, compartir e crecer como docentes, sempre co foco posto na mellora da educación que...
  • Mesturas e cambios en 4ºEP 24/25
    No tema Rodeados de cambios de Ciencias Naturais no que tratamos separación de MESTURAS e os CAMBIOS REVERSIBLES e IRREVERSIBLES da materia fixemos un experimento para traballar distintos ámbitos relacionados coas Ciencias Naturais: os...
  • Participamos na IV Olimpíada Robótica EPEF UDC! 24/25
    Este 4 de abril, o noso alumnado de 4º da ESO (Intelixencia Artificial) e de 2º da ESO (Tecnoloxía e Dixitalización) participou na IV Olimpíada de Robótica da EPEF (UDC Ferrol), un evento que...
  • Artemáticas 3ºESO – Teselas e Gaudí 24/25
    A actividade “Artemáticas – Teselas e Gaudí” para 3ºESO é un proxecto interdisciplinar desenvolvido ao longo de todo o 3º trimestre que integra as materias de Matemáticas e Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA).O...
  • Cuarta Sesión do Plan de Formación Continua TIC 24/25
    📍 Seguimos avanzando no noso Plan de Formación Continua TIC, dentro do Plan Dixital de Centro. Un espazo para aprender, compartir e crecer como docentes, sempre co foco posto na mellora da educación que...
  • Formación do profesorado de Polos Creativos IA 24/25
    Este sábado 22 de marzo, as profesora do equipo de Polos Creativos desprazaranse ao Palacio de Congresos de Galicia en Santiago de Compostela para asistir á xornada «Intelixencia Artificial e Educación: retos e oportunidades»,...
  • 1º e 2º ESO participan no Canguro Matemático 24/25
    Hoxe participamos no Canguro Matemático 2025! O noso alumnado de 1º e 2º da ESO enfrontouse ao reto do Canguro Matemático, unha experiencia que vivimos con ilusión desde a preparación ata a proba de...
  • Campións Galegos Olimpíada de Seguridade Vial 24/25
     O CPR Ayala, campión galego da Olimpiada de Seguridade Viaria!  Hoxe vivimos unha xornada incrible! O noso equipo de 5º de Primaria, Ayala Teams, proclamouse campión galego da Olimpiada de Seguridade Viaria tras competir...
  • Campións da Olimpíada de Seguridade Vial de Narón 24/25
     Somos campións da Olimpiada de Seguridade Viaria de Narón!  Hoxe é un día de celebración no CPR Ayala! O noso equipo Ayala Teams de 5º de Primaria acadou o 1º PREMIO na Olimpíada de...
  • Tecnomáticas 1ºESO – Operación Leituga 24/25
    A actividade “Tecnomáticas – Operación Leituga” para 1ºESO é un proxecto interdisciplinar de 1 trimestre de duración no que se integran as materias de Matemáticas e Tecnoloxía e Dixitalización.A finalidade da tarefa é plantar...
  • Día de Rosalía de Castro 24/25
    Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro! ?? No Colexio Ayala conmemoramos esta data tan especial lembrando a unha das figuras máis importantes da nosa cultura: Rosalía de Castro, pioneira na defensa da...
  • Xogando a programar con Matatalab 24/25
    Esta semana, o alumnado de educación especial estivo a traballar co Matatalab Coding Set, un material fantástico que forma parte da dotación de Polos Creativos deste ano. ?? Este kit permite aprender a programar...
  • A Lúa e as súas fases en 2ºEP 24/25
    🌑🌘🌓🌔🌕🌖🌗🌒 O alumnado de 2º de Educación Primaria mergullouse no fascinante mundo da astronomía creando a súa propia Lúa con arxila branca. 🌙 A través desta actividade, descubriron as fases lunares e comprenderon mellor...
  • Olimpíada de Seguridade Vial 24/25
    1ºESO tutoriza a 5ºEP na creación de maqueta. Traballamos man a man. O alumnado de 1º de ESO titoriza ao de 5º de Primaria na creación dunha maqueta urbana para a Olimpíada de Seguridade...
  • Artemáticas 1ºESO – Maruja Mallo 24/25
    A actividade “Artemáticas – Maruja Mallo” para 1ºESO é un proxecto interdisciplinar de 1 trimestre de duración no que se integran as materias de Matemáticas e Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA).A finalidade da...
  • Construíndo as cidades do futuro! 4ºEP 24/25
    O alumnado de 4º de Educación Primaria transformouse en alcaldes e concelleiros por un día para deseñar a súa propia cidade! A través dun proxecto en equipo, crearon un mapa detallado con hospitais ,...
  • Formación do profesorado de Polos Creativos Geogebra 24/25
    Este sábado 15 de febreiro, as profesoras do equipo de Polos Creativos participaron no IV Día GeoGebra Galicia 2025, celebrado no IES As Lagoas de Ourense, onde tiveron ocasión de asistir a ponencias e...
  • Descubrindo o mundo das partículas no CPR Ayala 24/25
    Hoxe, o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de afondar no apaixonante mundo da física de partículas grazas á visita dun investigador do IGFAE (Instituto Galego de Física de...
  • Terceira Sesión do Plan de Formación Continua TIC 24/25
    Hoxe seguimos avanzando no Plan de Formación Continua TIC, dentro do Plan Dixital de Centro, un espazo de aprendizaxe, intercambio de ideas e crecemento profesional para o noso profesorado. ?‍?? Na sesión de hoxe...
  • Animais en perigo 3ºEP 24/25
    O alumnado de 3º de EP traballou arreo para crear uns fermosos murais informativos sobre os animais en perigo de extinción. Durante o proxecto, investigaron especies como o oso pardo, o oso panda, o...
  • Explorando a Densidade en 3º de ESO: Ciencia en Acción! 24/25
    Hoxe o alumnado de 3º de ESO puxo a proba os seus coñecementos científicos cun reto moi especial: ordeñar distintos líquidos segundo a súa densidade e crear a súa propia torre de densidades! ??...
  • 11/02 Día da Nena e a Muller na Ciencia: Inspirando ás futuras xeracións! 24/25
    Hoxe conmemoramos o Día da Nena e a Muller na Ciencia cunha iniciativa moi especial! ?? Dúas alumnas de 2º de ESO, moi implicadas en Polos Creativos, visitaron as aulas de 4º e 5º...
  • Rosalía Mariquiña – Conmemoración de Rosalía de Castro 24/25
    Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro fixemos, en colaboración co artista Leandro Lamas, un Polo Creativo en forma de recurso de balde, interactivo e manipulativo para traballar a súa figura...
  • Peza a Peza en 2º e 3º ESO 24/25 ??
    A actividade Peza a Peza é unha proposta que trata a Física de partículas, explorando os principios fundamentais da estrutura da materia e a súa composición mediante unha metodoloxía práctica e manipulativa. O material...
  • Proxecto «As plantas que mudaron o mundo» ESO 24/25
    «As plantas que mudaron o mundo» é unha iniciativa educativa deseñada para que o alumnado da materia de Proxecto Competencial 3º de ESO comprenda como certos cultivos teñen transformado a historia, a economía, a...
  • Obradoiro de neve en infantil 24/25
    Experimentamos coas nosas manciñas poteciando a motricidade fina e a estimulación sensorial elaborando neve con bicarbonato e auga . Mirade que resultado e que ben o pasamos!
  • Traballamos cálculo mental con Mentallica en 1º e 2ºESO 24/25
    🧠💥 Sumamos axilidade mental co programa MENTALLICA! En 1º e 2º da ESO comezamos a traballar o cálculo mental con Mentallica, un programa dinámico e retador creado por Manuel Vilariño, pensado para mellorar a...
  • Segunda Sesión do Plan de Formación Continua TIC 24/25
    Este 8 de xaneiro, o profesorado do CPR Ayala participou na segunda sesión do Plan de Formación Continua en TIC (PFCT), enmarcado no noso Plan Dixital de Centro. Durante esta xornada, formámonos no uso...
  • Feliz Aninovo dende Onda Ringlones! 24/25
    ?️ Especial Fin de Ano en Onda Ringlones ?Miauuu! ? Aurelio despide o 2024 cunha mensaxe chea de cariño e esperanza para o ano novo. Neste episodio especial, unha das nosas profesoras agradece a...
  • Un Polo Creativo Nadalicio 2ºESO 24/25
    Nestes días, o alumnado de 2º ESO mergullouse nun proxecto interdisciplinar de Tecnoloxía e Dixitalización, Matemáticas e Música que nos trouxo o espírito do Nadal dun xeito único e creativo! Construímos unha orquestra de...
  • Polos Creativos en 2º e 4º EP 24/25
    O alumnado de 2º de EP estivo experimentando cos restos das cores para reutilizar o material e crear novos moldes decorativos. A través desta actividade, aprenderon a dar unha nova vida aos materiais que...
  • Comezo do Plan de Formación TIC 24/25
    Hoxe 11 de decembro, o profesorado do CPR Ayala iniciou o Plan de Formación Continua en TIC (PFCT), unha acción formativa que forma parte do noso Plan Dixital de Centro. Esta formación está enfocada...
  • Produtos notables manipulativos en 3º ESO! 24/25
    Esta semana, unimos Matemáticas + EPVA para darlle forma e cor aos produtos notables e ao factor común, convertendo expresións abstractas en modelos visuais que se poden montar, tocar e comprender. 📐✂️ Representamos expresións...
  • Plantando Árbores con Pinceis» no noso cole! 24/25
    O pasado xoves, grazas á colaboración con AFundación e o artista Doctor Toy, levamos a cabo unha actividade moi especial que uniu arte e sostibilidade traballando o ODS11 e ODS13 Mentres o alumnado de...
  • Percorrendo camiños en infantil 24/25
    Os pequechos 👧👦 de Infantil percorremos 🚗 os camiños ➡️↗️⬇️ das letras 🆎️, e identificamos os nosos nomes 👌 na ✨️ mesa de luz ✨️ ENCANTOUNOS!
  • Innovación e formación nos Polos Creativos 24/25
    Nos próximos meses, profesorado do equipo de Polos Creativos do CPR Ayala estará a formarse no curso «Física de partículas nos Polos Creativos» no CFR de Ferrol. Durante esta formación, experimentan co novo kit...
  • Traballando por recunchos en Tecnoloxía 2ºESO 24/25
    O Nadal xa se sinte na nosa aula de Polos Creativos! Este trimestre, o alumnado de 2ºESO está a traballar por recunchos nun proxecto interdisciplinar moi creativo: ? Maquetas a tamaño natural: deseñadas en...
  • A maxia das cores en ESO EPVA e Mates!! Caderno STEAM 24/25
    No noso traballo en Polos Creativos, este caso na materia de 3º EPVA, estamos mergullándonos na teoría do color pigmento. Comezamos creando divertidas pócimas de cores en EPVA e de paso traballamos porcentaxes e...
  • 2ºESO fai o mantemento do noso acuario. Caderno STEAM 24/25
    A actividade de mantemento dun acuario é unha proposta interdisciplinar que combina principios de Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía para abordar conceptos científicos e técnicos de maneira práctica. Esta tarefa permite explorar o...
  • O Xeoplano en Infantil 23/24?
    @s pequerrech@s de infantil argallando co xeoplano. Traballamos xeometría, orientación espacial, facemos formas, letras, números e tamén figuras libres para desenvolver a creatividade. ??? Canto aprendemos divertíndonos! ?✨
  • Pitas Pitas 23/24 ?
    Nosos argalleiros e argalleiras dos PEQUEPOLOS CREATIVOS organizáronse para artellar un galiñeiro moi movidiño feito colas súas manciñas . Mirade que bonitiño quedou!!!
  • Micro:bit en 2ºEP 23/24 ??
    ?✨ Esta semana, o alumnado de 2º de EP no #cpr_ayala estivo traballando con placas micro:bit! e seu portátil de aula ??️ Non só crearon os seus nomes, senón que tamén se atreveron a...
  • Feliz Día das Letras Galegas 2024!
    Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no CPR Ayala! A longo desta semana, todo o colexio estivo inmerso en múltiples actividades para conmemorar esta data tan especial recorgando a Luísa Villalta. En Infantil...
  • Formación do equipo de Polos Creativos 23/24 ?
    O noso profesorado do equipo de Polos Creativos recibiu formación sobre cortadora láser e deseño e impresión 3D nos pasados días 15/04, 25/04 e 02/05. Aproveitamos esta experiencia para crear algo especial: uns chaveiros...
  • Curioseando no mes das flores en Infantil ??
    ?? Os nosos pequenos investigadores en acción! O alumnado de infantil participou nunha actividade fascinante onde cambiaron a cor duns claveis. Descubrimos que as flores «beben» a auga de cores ata os seus pétalos,...
  • AyalaSat 1ºESO Premio Honorífico CanSat Galicia 2024 ???
    Estamos de Noraboa!!!!! O equipo AyalaSat de 1º ESO recibiu o Premio Honorífico na competición CanSat Galega! Durante a xornada de defensa, presentaron a súa misión secundaria que consiste lanzar o CanSat semanalmente no...
  • Gran día para o equipo AyalaSat en As Gaivotas, Cerceda! CanSat 23/24 ?️?
    Hoxe o noso equipo AyalaSat despegou con éxito no aeródromo de As Gaivotas. O seu CanSat voou e aterrizou sen problemas, cumprindo todas as súas funcións ?. Ao chegar ao cole, un dos programadores...
  • AyalaSat na Voz de Galicia 23/24 ??️
    ? O noso equipo CanSat, o AyalaSat, saiu onte no Diario «La Voz de Galicia» ?️. Exploran a súa emocionante aventura e proxecto espacial no artigo Ademais, recordade que eles mesmos redactan un blog...
  • AyalaSat en RadioVoz 23/24 ??
    ? Hoxe tivemos o pracer de visitar o programa de Radio Voz Ferrol ?️, onde o equipo CanSat do noso centro, o AyalaSat ?️, foi entrevistado! Foi unha experiencia incrible poder compartir o noso...
  • 3º e 4ºESO nos talleres D’Tec do CIS 23/24 ?
    ?? O pasado luns 8, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nos talleres D’tec do CIS Tecnoloxía e Deseño ?! Estos talleres enmárcanse nos obxectivos do PDC e Polos Creativos. ?️...
  • I Feira Científica CPR Ayala 23/24 ???
    O día 10 de abril do 2024 celebramos a nosa I Feira Científica do CPR Ayala! ? Esta iniciativa, parte do Departamento STEAM como parte dos nosos Polos Creativos, busca ser unha festa STEAM...
  • Mais grande, mais pequeno???
    Canto debate tivemos experimentando con círculos nos PEQUEPOLOS en Infantil! Deunos moito que pensar: experimentamos recortando , medindo e comparando… E vós… que pensades? Como di a canción: «Hai cousas que non son o...
  • PekePolo II Péndulo de Newton 23/24 ?
    O Péndulo de Newton chega a Infantil como PekePolo! ? O alumnado de 4ºESO crearon un pequeno péndulo de Newton con depresores e canicas e o entregaron aos nosos pequechos de infantil para ser...
  • Construíndo en Infantil 23/24?️?
    O alumnado de infantil sorprendeunos con súa creatividade construíndo pezas tipo «lego» e xuntos armaron unha gran torre! Esta actividade fomenta a coordinación motora, a creatividade, o traballo en equipo, o pensamento lóxico e...
  • Formación continua para un ensino de calidade!??‍?23/24
    O pasado luns 11/03/24, o profesorado do noso cole participou nunha xornada de formación sobre kids singulares de Polos Creativos, deseño gráfico e protección de datos, como parte do noso Plan de Formación Continua...
  • Chapas 8M ? 23/24
    Para conmemorar o Día Internacional da Muller este 8 de marzo, o cole levou a cabo unha iniciativa especial. Repartimos chapas únicas deseñadas especificamente para esta data entre alumnado e profesorado. Estas chapas, buscan...
  • ? O equipo CanSat AyalaSat de 1º ESO viviu un día emocionante en Santiago! 23/24 ?‍?
    Os nosos pequenos aventureiros espaciais de 1ºESO participaron da xornada de convivencia cos demais equipos CanSat ?‍? e foi unha experiencia inesquecible. Non nos esquencemos de agradecer a organización e ao CFR de Ferrol...
  • O Flexicubo do 11F de Polos Creativos da voltas dende 3ºESO ata 1º e 2ºEP?
    Os kit singulares propostos por Polos Creativos (CFR) para o 11F inspiraron a nosa clase de 3º ESO a construír un Flexicubo que, ao final, deu lugar a unha fascinante presentación sobre Josefina Ling...
  • 3ºESO Polos Creativos Kit Singular 11F 23/24
    ?✨ Actividade 11F «Investigando as Estrelas» por 3ºESO ? O alumnado de 3ºESO estivo a montar un Kit Singular especial para o 11F, Día da muller e a nena na Ciencia, que nos proporcionou...
  • Creando autómatas no Día da Paz 22/23
    Co gaio do día da paz o alumnado de 4ºESO de Tecnoloxía construíu un autómata por medio de materiais de refugallo e o programou empregando Arduino. Todos quedamos abraiados co seu talento.