Rumbo á Final da Olimpíada Matemática AGAPEMA 24/25
O noso alumno de 2ºESO Juan Pablo vén de superar con éxito a fase de zona da Olimpíada Matemática de AGAPEMA e xa ten praza para participar na final galega, que se celebrará o vindeiro 15 de maio. 📅✏️
Queremos felicitalo polo seu esforzo, dedicación e amor polas matemáticas.
Estaremos animándote a tope na seguinte fase! 💪📐
