Campións Galegos Olimpíada de Seguridade Vial 24/25
O CPR Ayala, campión galego da Olimpiada de Seguridade Viaria! 


Hoxe vivimos unha xornada incrible! O noso equipo de 5º de Primaria, Ayala Teams, proclamouse campión galego da Olimpiada de Seguridade Viaria tras competir cos mellores equipos de Lugo, Santiago, Pontevedra e Ourense. Agora, toca poñer rumbo a Pamplona para a gran final nacional!
As probas foron todo un desafío e puxeron a proba os nosos coñecementos en seguridade viaria e habilidades en bicicleta:
Kahoot de normas viarias, no que quedamos primeiros!
Presentación da nosa maqueta sobre mobilidade segura, onde amosamos todo o traballo feito.
Vídeo sobre mobilidade sostible, destacando boas prácticas na circulación.
Proba da palabra oculta, onde demostramos rapidez e traballo en equipo.
Circuito de axilidade en bicicleta, fundamental para poñer en práctica a seguridade viaria.
A emoción foi tal que mesmo nos entrevistou a televisión! Un recoñecemento máis ao esforzo, constancia e traballo en equipo que nos trouxo ata aquí.
Queremos agradecer de corazón ao Concello de Narón e á Policía Local de Narón por todo o apoio e por facer posible esta competición tan enriquecedora. Grazas tamén ao profesorado e ás familias por acompañarnos nesta aventura.
E agora… Pamplona, imos a por todas!




