1/3… parece maxia, pero é matemáticas! 24/25
Na ESO puxémonos en modo científico e mans na auga para explorar os volumes do prisma, a pirámide, o cilindro e o cono… sen saber nada das fórmulas! 🤯
💡 Comezamos comparando os corpos, enchendo recipientes transparentes con auga para ver canto cabía en cada un. E pouco a pouco… a sorpresa:
🔸 Tres conos = un cilindro
🔸 Tres pirámides = un prisma
🤯 Chegamos á conclusión: o volume do cono e da pirámide é 1/3 do cilindro e do prisma respectivamente!
Pero non nos quedamos aí: tocou facer conxecturas, xustificar por que ocorre isto, pensar en como se reparte o espazo no interior, falar da base, da altura e da forma… 🧠💬
Así foi como descubrimos o porqué das fórmulas, con auga, con probas e sobre todo, coas nosas propias reflexións.
As mates non se memorizan, se razoan!



