Obradoiros CIS en 2º e 3° da ESO 25/26
⚡🔋 Aprendendo sobre enerxía
O alumnado de 2º e 3º da ESO participou no Obradoiro do CIS Mundos Eléctricos 2025, onde traballamos de forma práctica a enerxía renovavble, os circuítos eléctricos, a condución da electricidade e a transformación da enerxía.

A través da experimentación con pilas, LED, tiras condutoras e paneis solares, o alumnado comprobou como pecha un circuíto, que ocorre cando hai erros na montaxe e como a luz pode transformarse en electricidade. Unha actividade manipulativa que favorece a aprendizaxe real, o traballo en equipo e o pensamento científico.
Moitísimas grazas ao CIS por deixarnos aprender tocando, probando e reflexionando ⚙️✨

























