Artemáticas 1ºESO – Maruja Mallo 24/25
A actividade “Artemáticas - Maruja Mallo” para 1ºESO é un proxecto interdisciplinar de 1 trimestre de duración no que se integran as materias de Matemáticas e Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA).
A finalidade da tarefa é reconstruír de maneira simplificada unha obra plástica da artista galega Maruja Mallo, converténdoa nunha composición de formas xeométricas planas elementais (abstracción xeométrica), primeiro mediante trazado técnico manual (escuadra, cartabón, compás...) e posteriormente empregando ferramentas TIC.
Sobre esas figuras construídas, o alumnado calculará áreas e perímetros. A continuación, realizarán unha versión dixital da súa obra en Geogebra, que lles permitirá verificar os seus cálculos, corrixir erros e mellorar a súa precisión. Para terminar cada grupo grabará unha pequena curta explicando que é Marruja Mallo, analizando a obra escollida e cómo fixeron a abstracción e cálculo de áreas e perímetros.
- CICLO: 1C ESO
- NIVEL: 1ºESO
- ÁREAS: Matemáticas, Educación Artística e Debuxo Técnico
- MATERIA: Matemáticas e EPVA (interdisciplinar)

⚙️ DINÁMICA DA ACTIVIDADE
A actividade desenvólvese mediante unha dinámica flexible, activa e cooperativa, que permite avanzar ou retroceder ao ritmo que necesita cada grupo, sen unha estrutura ríxida de inicio e peche. A proposta está deseñada para adaptarse ás características concretas de cada grupo-clase, incorporando metodoloxías combinadas:
- Clase maxistral breve, orientada a activar coñecementos previos ou introducir técnicas novas.
- Uso intensivo de TIC, tanto de apoio audiovisual por videotutoriais e documentais, emprego na fase de deseño (Geogebra) ou presentacións e cuestionarios interactivos como Quizlet.
- Ludificación e sistema de puntos en positivo, que emprega a competitividade saudable como motor motivacional sen penalizacións.
- Pensamento visible e resolución de retos, seguindo algúns principios das Aulas de Pensar. Polo de agora as pizarras non son verticais por falta de espazo.
- Inclusión das intelixencias múltiples, permitindo que cada alumno ou alumna atope un espazo de participación segundo os seus puntos fortes.



O alumnado organizáse en equipos cooperativos de 3 membros, forzados e con roles definidos, promovendo a corresponsabilidade e a igualdade na participación. Cada equipo recibe unha cor identificativa e dispón dunha pizarra branca individual, que emprega como espazo de traballo e reflexión compartida.

En todas as sesións o alumando recibe un reto progresivo ou unha tarefa axustada á súa zona de desenvolvemento próximo (ZDP). Estes retos están deseñados para ser resoltos de forma autónoma, sen instrución directa, favorecendo a aprendizaxe significativa, o pensamento crítico e a motivación intrínseca.

A medida que se avanza no proxecto, os grupos deben superar problemas e desafíos de dificultade crecente, acumulando puntos segundo o seguinte sistema:
- ✅ A resposta correcta recibe a puntuación máis alta.
- 💡 Toda resposta ben razoada ou lóxica, aínda que non sexa correcta, recibe puntuación, recoñecendo o valor do ensaio, da creatividade e do pensamento alternativo.
Durante o traballo, tamén se lanzan micro-retos ou preguntas rápidas, que aportan pequenas puntuacións e manteñen a atención e o ritmo da clase activos.

O sistema de puntuación está automatizado e actualízase ao remate de cada sesión, xerando un marcador visible para o grupo-clase, o que favorece a transparencia e reforza a motivación colectiva.


A dinámica da aula permite que o alumnado se mova libremente polo espazo, agás durante momentos de explicacións breves ou sesión de resolución de problemas individuais. Os equipos poden consultar exemplos, observar o traballo doutros, debater estratexias ou pedir apoio entre iguais. Isto promove a colaboración real, a autorregulación e o desenvolvemento da competencia social e emocional.

A través desta dinámica, cada alumno e alumna ten a oportunidade de aportar desde o seu perfil de aprendizaxe, xa sexa a través do cálculo, do debuxo técnico, da creatividade visual, da organización do grupo ou da expresión oral, facendo da aula un espazo onde todas as capacidades teñen valor e cabida.
A grabación das curtas faise co material de Polos Creativos, tabletas, trípodes, iluminación, chroma, micros …etc segundo a creatividade do grupo.

DESEÑO DA ACTIVIDADE
A actividade deseñouse seguindo os principios metodolóxicos de:
- Aulas de pensar (Liljedahl): aprendizaxe visible, colaboración, retos encadeados, estrutura grupal, cultura onde pensar é a norma.
- Aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): con produto final, reflexión, avaliación formativa e conexión real co currículo.
- DUA e Intelixencias Múltiples: con diferentes formas de representación (manual, dixital, verbal), formas de expresión (visual, escrita, oral) e estilos de participación.
A través deste proxecto, non só se traballan contidos curriculares de xeometría, cálculo e expresión gráfica, senón que se fomenta a creatividade, o pensamento crítico, a xustificación matemática, a análise estética e o diálogo entre arte e ciencia.

Maruja Mallo serve como referente local, feminino e vangardista, achegando ao alumnado unha nova mirada sobre a xeometría e o valor da creación artística.
🧠 Aulas de pensar
Esta actividade adopta os principios da aula de pensamento eficaz, un modelo desenvolvido para activar o pensamento matemático e mellorar a implicación do alumnado:
- Formación de grupos pequenos de 3 persoas por sesión. No noso caso forzados para potenciar o ZDP.
- Retos secuenciados na súa zona de desenvolvemento próximo (ZDP), deseñados para ser abordables sen instrución directa.
- Uso de pizarras brancas, que permiten a visibilización do pensamento e a discusión colectiva. No noso caso horizontais polo de agora.
- A avaliación céntrase no proceso, nas estratexias e no razoamento, non só no resultado final.
- Os equipos poden moverse libremente pola aula, o que permite interaccións ricas e aprendizaxe entre iguais.
- O profesorado actúa como guía que observa, formula preguntas abertas e promove reflexión, máis que como transmisor directo.

Teoría das Intelixencias Múltiples (Howard Gardner)
Intelixencia | Activación nesta tarefa |
---|
Visual-espacial | Deseño e análise de formas, uso de cores e composicións. Gravación e montaxe do vídeo explicativo integran decisións visuais e estruturais. |
Lóxico-matemática | Abstracción de formas, cálculo de áreas e perímetros, validación de resultados incluídos na explicación audiovisual. |
Corporal-cinestésica | Uso de ferramentas manuais para construír figuras, manexo da tableta para gravación e edición básica do vídeo. |
Interpersonal | Traballo cooperativo, roles definidos, interacción constante no deseño e gravación. |
Intrapersonal | Autoavaliación, reflexión sobre o proceso e melloras. |
Lingüística | Explicacións orais en video, informes escritos e vocabulario técnico. |
Musical | Emprégase música jazz para regulación do volume na aula. Elección de música adecuada para o video. |

🎯 Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA)
Múltiples formas de representación:
- Visual (obras de Maruja Mallo, composicións plásticas e xeométricas).
- Lingüística e simbólica (explicacións orais, informes escritos, cálculo numérico).
- Dixital (reconstrución en Geogebra, presentación dos resultados).
Múltiples formas de acción e expresión:
- Representación técnica (escadra, compás…).
- Creación plástica e dixital.
- Redacción e exposición oral do proceso.
Múltiples formas de implicación:
- Traballo cooperativo con roles.
- Sistema de puntos motivador e sen penalizacións.
- Posibilidade de movemento e toma de decisións na aula.
- Elección creativa na reinterpretación da obra.
🎨 Aprendizaxe baseada en proxectos (ABP)
O proxecto está estruturado como un proxecto ABP real, cunha situación inicial clara, produto final, traballo prolongado e avaliación auténtica:
- Produto final: dúas versións da reinterpretación dunha obra de Maruja Mallo: unha manual e outra dixital, con cálculos validados.
- Proceso completo documentado: análise da obra orixinal, deseño xeométrico, cálculo matemático, reconstrución dixital e reflexión crítica.
- Avaliación por rúbricas e con instrumentos variados (PE, observación, informe final).
- Exposición final na aula ou nun espazo común do centro.

Importancia de traballar con referentes locais: Maruja Mallo
Incorporar referentes locais na aula non só contribúe a dar sentido e contexto á aprendizaxe, senón que tamén fortalece o vínculo entre o alumnado e o seu territorio, a súa cultura e a súa historia. Neste proxecto, a figura de Maruja Mallo non se emprega de forma decorativa ou anecdótica, senón como eixe inspirador transversal desde múltiples dimensións.

🖼️ Artística e curricular
- Maruja Mallo foi unha artista galega, surrealista e vangardista, pioneira no uso da xeometría como base estrutural e expresiva das súas obras.
- A súa evolución pictórica permítenos traballar desde a análise estética ata a construción formal, converténdose nun recurso perfectamente contextualizado nos contidos de Matemáticas e EPVA.
- A súa presenza na aula non é un contido illado, senón un vehículo interdisciplinar para traballar matemáticas, arte, igualdade, TIC e pensamento visual
- Responde tamén aos principios do currículo LOMLOE en canto á contextualización, a perspectiva de xénero, o patrimonio cultural e a aprendizaxe significativa.
♀️ Coeducativa e igualitaria
- É un referente esencial para visibilizar ás mulleres na historia da arte e das ciencias, tradicionalmente invisibilizadas.
- A súa vida e obra rompen estereotipos de xénero e sociais, ofrecendo ao alumnado un modelo de liberdade, pensamento crítico e transgresión creativa.
- O estudo da súa figura permite conectar coas competencias cidadás e culturais, desenvolvendo unha mirada crítica sobre o pasado e o presente.
CONCRECIÓNS CURRICULARES
CONCRECIÓN CURRICULAR 1º MATEMÁTICAS
🔹 Criterios de Avaliación (CA) avaliados por proba escrita:
- CA2.1: Investigar patróns, propiedades e relacións en figuras planas, formulando e comprobando conxecturas.
- CA2.2: Modelizar situacións e resolver problemas aplicando fórmulas e algoritmos de xeometría.
- CA2.3: Relacionar coñecementos matemáticos previos e experiencias no contexto dunha tarefa concreta.
- CA2.4: Establecer conexións entre diferentes procesos matemáticos.
- CA2.5: Representar conceptos e procedementos xeométricos mediante distintas ferramentas (manuais e TIC).
- CA3.1: Interpretar problemas organizando datos xeométricos e empregando representacións axeitadas.
- CA3.5: Recoñecer situacións reais (como a reinterpretación dunha obra de arte) como contexto matemático.
🔹 Criterios avaliados mediante observación directa e rúbrica:
- CA3.2: Modelizar figuras usando ferramentas dixitais e materiais manipulativos (cartolina, regra, Geogebra…).
- CA3.3: Aplicar propiedades xeométricas (paralelismo, simetría, proporcións…) na creación e análise de composicións.
- CA3.4: Realizar conexións entre procesos como cálculo, descomposición, representación e validación de resultados.
- CA3.6: Identificar relacións entre matemáticas e arte como disciplinas complementarias.
- CA3.7: Representar con claridade procedementos e valorar a utilidade das ferramentas empregadas.
- CA6.1 a CA6.5: Desenvolver actitudes positivas cara á materia, traballo cooperativo, pensamento crítico e responsabilidade compartida.
🧠 Contidos específicos traballados:
- Magnitude.
- Recoñecemento das magnitudes e das súas diferentes unidades de medida.
- Elección das unidades e operacións adecuadas en problemas que impliquen medida.
- Estimación de medidas coa precisión adecuada a cada situación.
- Medición.
- Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter lonxitudes e áreas en formas planas.
- Figuras xeométricas de dúas dimensións.
- Descrición de figuras planas e dos seus elementos característicos: ángulos, rectas e puntos notables.
- Clasificación das figuras xeométricas planas en función das súas propiedades ou características.
- Construción de figuras xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría
dinámica, realidade aumentada etc. - Localización e sistemas de representación.
- Localización e descrición de relacións espaciais: coordenadas cartesianas e outros sistemas de representación. Uso de ferramentas tecnolóxicas.
- Crenzas, actitudes e emocións.
- Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
- Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe, como a autoconciencia e a autorregulación.
- Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
- Traballo en equipo e toma de decisións.
- Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
- Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
- Inclusión, respecto e diversidade.
- Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
- Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
CONCRECIÓN CURRICULAR 1º EPVA
🔹 Criterios de Avaliación (CA) avaliados por proba escrita:
UD2 – CA1.1: Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
UD2 – CA1.3: Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
UD2 – CA1.4: Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
🔹 Criterios de Avaliación avaliados mediante observación directa e rúbrica:
UD1 – CA3.2: Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
UD1 – CA3.4: Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
UD1 – CA3.5: Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
UD2 – CA1.2: Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
UD2 – CA1.5: Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
UD2 – CA2.1: Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas.
UD2 – CA2.2: Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.
UD2 – CA2.3: Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito.
UD2 – CA2.4: Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
UD2 – CA2.5: Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
UD2 – CA3.3: Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
UD2 – CA4.5: Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
🧠 Contidos específicos traballados:
- Elementos configurativos da linguaxe visual: punto, liña, plano, forma, cor, textura, luz, volume, espazo e tempo.
- Procedementos básicos de representación: claroscuro, perspectiva, proporción, ritmo, equilibrio e movemento.
- Técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas.
- Uso correcto dos instrumentos básicos de debuxo técnico (regra, escuadra, cartabón, compás).
- Representación gráfica de figuras planas mediante o uso de trazados xeométricos.
- Aplicación de conceptos xeométricos básicos: paralelismo, perpendicularidade, simetría, ángulos e polígonos.
- Desenvolvemento do pensamento creativo, da iniciativa e da sensibilidade estética.
- Procesos de creación artística individuais e colectivos: planificación, execución e avaliación.
- Lectura crítica da imaxe: análise de mensaxes e valores culturais, sociais e de xénero.
- O recoñecemento da arte como medio de expresión, comunicación, denuncia e transformación social.
- Representación de figuras con precisión mediante técnicas básicas: bisectriz, mediatriz, triángulos e polígonos.
- Uso de vistas isométricas e representacións técnicas.
- Aplicación de trazados xeométricos en propostas artísticas e técnicas.
- Integración de coñecementos das distintas linguaxes artísticas en proxectos interdisciplinares.
- Actitudes de respecto, inclusión, colaboración, coeducación e valoración da diversidade.
- Promoción da autoestima, a reflexión crítica e a análise do patrimonio cultural e artístico local.