Deseño 3D nadalicio en 2ºESO 25/26
Deseñando, creando e compartindo aprendizaxe! ![]()
![]()
No cole estamos a traballar nun novo proxecto creativo: estamos a deseñar cortadores de pastas para porcelana fría coa impresora 3D, partindo dunhas servilletas moi especiais que nos regalaron e que teñen unha forma preciosa. A nosa idea é poder reproducir exactamente esa forma para cortar a porcelana fría.
Para iso, puxémonos mans á obra co 3D, onde xa deseñamos e imprimimos os primeiros prototipos dos cortadores. Unha vez listos, compartirémolos con outros cursos, para que tamén poidan experimentar e crear utilizando estas formas tan peculiares.
Aprender facendo, creando e colaborando… así dá gusto! ![]()
![]()
![]()




















