Olimpíada Matemática Agapema 25/26
O talento matemático tamén ten nome no CPR Ayala 💙

Os alumnos de 2º da ESO, Dani e Miguel, participaron na Olimpíada Matemática Agapema, unha xornada na que puxeron a proba o seu razoamento, a lóxica e a capacidade para resolver retos matemáticos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora na que tiveron que enfrontarse a problemas diferentes aos dos libros de texto, fomentando o pensamento crítico, a creatividade e a perseveranza.
Queremos felicitalos polo seu esforzo, actitude e implicación, representando ao noso centro con ilusión.
Parabéns aos dous! 👏

















