2º ESO participa na Olimpiada Matemática AGAPEMA 24/25
O nosos alumnos de 2º da ESO, Juan Pablo e Brián, veñen de participar na fase de zona da Olimpíada Matemática organizada por AGAPEMA.
Este concurso, centrado na resolución de problemas, busca fomentar o pensamento lóxico e creativo entre o alumnado galego. A súa participación reflexa o compromiso e a paixón polas matemáticas que promovemos no noso centro.
A Olimpíada Matemática de AGAPEMA é unha iniciativa que ofrece ao alumnado a oportunidade de poñer a proba as súas habilidades matemáticas nun ambiente estimulante e colaborativo. Eventos como este son fundamentais para cultivar o gusto polas matemáticas e desenvolver competencias clave para o futuro académico e profesional do noso alumnado.
Moita sorte rapaces! Para nos xa sodes campións!!!

















