Traballamos cálculo mental con Mentallica en 1º e 2ºESO 24/25
🧠💥 Sumamos axilidade mental co programa MENTALLICA!
En 1º e 2º da ESO comezamos a traballar o cálculo mental con Mentallica, un programa dinámico e retador creado por Manuel Vilariño, pensado para mellorar a rapidez, seguridade e estratexia matemática do alumnado.
⚡ Actividades rápidas, visuales e moi motivadoras que nos fan pensar sen parar… e sen calculadora!
🧮 Reta tras reta, operación tras operación… as neuronas queiman goma! 🏁
💡 Comezamos esta viaxe co obxectivo de reforzar o cálculo mental dende a comprensión, a creatividade e o xogo.
