Física e Química e Tecno ESO traballando con diversas metodoloxías 24/25

No noso cole sabemos que non hai unha soa maneira de aprender, por iso en Física e Química traballamos cunha mezcla de metodoloxías adaptadas ás necesidades de cada grupo e momento. Porque en diversidade está o gusto.🔍💡

🎯 Desde sesións máis tradicionais, ata actividades lúdicas, pasando polo uso de aplicacións creadas polo profesorado do departamento ou por outros profesionais, conseguimos unha aprendizaxe personalizada onde cada alumno e alumna atopa o seu espazo para brillar.

📌 Algunhas das experiencias deste curso:
🔹 «Hundir a táboa periódica», con soportes deseñados e impresos en 3D.
🔹 Actividades interactivas con Quizlet ou PhET Colorado.
🔹 Aplicacións personalizadas creados polo profesorado nas tablets e os ordenadores de polos: sopas, pasalabras, clasificacións, retos…
🔹 Proxectos colaborativos como o estudo do peso e da constante elástica dun muelle, ou os engranaxes e as máquinas con pizarras brancas, material manipulativo e reflexión compartida achegándonos a metodoloxía de Aulas para Pensar.
🔹 Sistema de puntos por equipos para potenciar a motivación.

💬 A clave? Flexibilidade, creatividade e acompañamento constante, para que cada persoa se sinta parte do proceso e protagonista do seu propio camiño.

También te podría gustar...