A Candeloria 25/26
🐦🕯️ Feliz Día da Candeloria! 🕯️🐦
No CPR Ayala celebramos esta data tan nosa, chea de tradición, luz e agarimo. 💙
E como manda o refraneiro galego…
“Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra;
se a Candeloria ri, o inverno está por vir.” 🌦️❄️🌞
Que este día nos traia esperanza, boas novas e moitos momentos para compartir en comunidade. ✨

En 1º da ESO estivemos traballando a Candeloria desde dúas perspectivas: por unha banda, coñecendo a tradición e o refraneiro galego, e por outra, levando esa cultura ao aula maker, usando a cortadora láser para crear pezas e elementos decorativos inspirados nesta celebración.


































