Quinta Sesión do Plan de Formación Continua TIC 24/25
📍 Seguimos avanzando no noso Plan de Formación Continua TIC, dentro do Plan Dixital de Centro. Un espazo para aprender, compartir e crecer como docentes, sempre co foco posto na mellora da educación que ofrecemos ao noso alumnado. 👩🏻🏫👨🏽🏫
🎙️ Formación PFCT: Podcast, IA e protección de datos na escola 🎧🤖🔐
Onte pola tarde o noso profesorado participou nunha nova sesión do Plan de Formación Continua TIC (PFCT), enmarcado dentro do Plan Dixital de Centro, onde afondamos na creación de podcasts educativos, no uso da intelixencia artificial como ferramenta de apoio, e nas boas prácticas para garantir a protección de datos no entorno escolar.
A sesión centrouse no uso da radio escolar como recurso pedagóxico, ofrecendo claves sobre como traballar coa voz do alumnado de maneira segura, creativa e responsable. A IA foi outra das protagonistas, permitindo explorar como pode apoiar na planificación e elaboración de contidos sonoros.
🎧🧠💬 Onda Ringlones medra coas ondas do futuro!

