Produtos notables manipulativos en 3º ESO! 24/25
Esta semana, unimos Matemáticas + EPVA para darlle forma e cor aos produtos notables e ao factor común, convertendo expresións abstractas en modelos visuais que se poden montar, tocar e comprender.
📐✂️ Representamos expresións como produtos notables básicos e a extración do factor comun
Cada peza recortada tivo o seu papel no noso mural de cores e formas, construíndo paso a paso o significado xeométrico detrás das fórmulas.
💡 Porque cando se aprende manipulando, as matemáticas deixan de ser só números para converterse en creación, en comprensión e en linguaxe visual.





