Sexta sesión e peche do Plan de Formación Continua TIC 24/25
🎤💻 Peche do noso PFCT cun podcast colaborativo! 💡🎧
Hoxe celebramos a sexta e última sesión do noso Plan de Formación Continua do Profesorado, dentro do noso Plan Dixital de Centro.
Foi unha xornada especial na que fixemos balance de todo o aprendido ao longo das sesións anteriores e puxemos en práctica os coñecementos adquiridos creando, entre todo o claustro, un podcast educativo completo!
Un espazo para compartir ideas, metodoloxías e novas ferramentas tecnolóxicas ao servizo da educación.
📢 Grazas a todo o profesorado pola súa implicación, entusiasmo e ganas de seguir aprendendo en equipo. Seguimos medrando xuntos! 🙌✨
