Formación do profesorado de Polos Creativos IA 24/25

Este sábado 22 de marzo, as profesora do equipo de Polos Creativos desprazaranse ao Palacio de Congresos de Galicia en Santiago de Compostela para asistir á xornada «Intelixencia Artificial e Educación: retos e oportunidades», organizada polo CAFI. Alí escoitarán a referentes coma Nerea Luis Mingueza, César Poyatos, Sandra Sambade, Lorena Fernández ou Ibán de la Horra, entre outros.

Estas accións de formación continua do profesorado tradúcense nunha mellora directa na calidade do ensino que recibe o noso alumnado. Apostamos por unha educación viva, conectada coa realidade e en constante evolución.

También te podría gustar...