Xogando a programar con Matatalab 24/25

Esta semana, o alumnado de educación especial estivo a traballar co Matatalab Coding Set, un material fantástico que forma parte da dotación de Polos Creativos deste ano. ??

Este kit permite aprender a programar sen pantallas, usando pezas físicas para controlar un robot. Así, os nenos e nenas poden experimentar, resolver retos e aprender de maneira manipulativa e divertida! ?? Ademais, favorece o desenvolvemento cognitivo, a creatividade e a autonomía, sendo unha ferramenta moi beneficiosa para o seu aprendizaxe.

E o mellor de todo? Pasárono xenial explorando e descubrindo como darlle ordes ao robot! ?? Pequenos programadores en acción!

También te podría gustar...