Chapas 8M 💜 23/24

Para conmemorar o Día Internacional da Muller este 8 de marzo, o cole levou a cabo unha iniciativa especial. Repartimos chapas únicas deseñadas especificamente para esta data entre alumnado e profesorado. Estas chapas, buscan celebrar e recoñecer a importancia da igualdade de xénero e o empoderamento feminino. É un pequeno xesto que reflicte o compromiso da comunidade educativa cos valores de igualdade e respecto en prol dun futuro mellor para as nosas rapazas e rapaces. Feliz Día Internacional da Muller! 💜

También te podría gustar...