Click ODS: Descubre o poder da túa fotografía para un futuro sostible!

Benvid@ ao concurso de fotografía “Click ODS”, unha iniciativa do CPR Ayala para concienciar sobre a importancia dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Queremos ver a túa creatividade e as túas ideas nunha fotografía que reflexe por que é tan urxente coidar o planeta e as persoas.
QUÉN PODE PARTICIPAR?
- Infantil (ata 10 anos)
- Xuvenil (de 11 a 17 anos)
- Adulto (18 anos en diante)
Se tes menos de 14 anos, lembra achegar a autorización asinada polo teu pai/nai/titor/a legal.
QUE HAI QUE FACER?
- Saca unha fotografía orixinal que amose a necesidade de cumprir co ODS 13 Acción polo clima . Ten en conta que non poden saír caras recoñecibles de persoas.
- Inclúe un breve texto (un par de liñas) explicando por que a túa imaxe representa o ODS 13.
- Envía un só arquivo de foto por participante; ti escolles o encadre e a técnica fotográfica!

BASES LEGÁIS, PROTECCIÓN DE DATOS E CONDICIÓNS
Preme no botón para descargalas
DATAS DE PARTICIPACIÓN
- Data de inicio: 07/04/2025
- Data límite: 30/04/2025
CÓMO PARTICIPAR?
- Prepara o teu correo a clickods@colegioayala.com
- No asunto, pon “Click ODS” seguido do teu nome e apelidos.
- No texto do correo, indica:
- O teu nome e apelidos
- A túa idade e categoría correspondente
- Indica que les e aceptas as bases legais e a política de protección de datos
- O breve texto que explique por que a túa foto representa o ODS 13.
- Se es menor de 14 anos, adxunta a autorización asinada polo teu pai/nai/titor/a legal
- Achega a túa foto en formato .jpg ou .png (calidade mínima 1024×768 px, máximo 5MB)
- Unha única foto por participante. Non esquezas respectar a norma de non incluír rostros identificables.
- Recibirás un email de resposta confirmando a túa participación.
Recorda que ao enviar o correo estás aceptando as bases do concurso.
PUBLICACIÓN DE GAÑADORES
O luns 12/05/2025 anunciaranse os gañadores en Instagram, Facebook e na web do colexio, indicando o nome, apelidos e categoría. Ademais, os afortunados recibirán un correo de confirmación.
XURADO E CRITERIOS DE SELECCIÓN
- O alumnado do CPR Ayala de 3ºESO fará unha preselección das mellores imaxes en cada categoría.
- O fotógrafo profesional Edu Pereira será quen decida finalmente as fotos gañadoras, valorando orixinalidade, calidade técnica, coherencia co ODS e creatividade.
CATEGORÍAS
- Infantil: ata 10 anos.
- Xuvenil: de 11 a 17 anos.
- Sénior (adulto): 18 anos en diante.
PREMIOS
Entregarase un trofeo por cada categoría!
ANÍMATE A PARTICIPAR!
Se che gusta a fotografía e queres aportar o teu gran de area para difundir as metas dos ODS, esta é a túa oportunidade. Unha imaxe vale máis ca mil palabras, e a túa pode inspirar á comunidade educativa e a moita máis xente!

Esperámoste en Click ODS!

