Fondo Libros e Material Escolar

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 26/27

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2026/27:

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO). Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso 2025/26.
  • Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído no artigo 2.2.b) desta orde.
  • Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Electrónica: Utilice a aplicación fondolibros mediante o formulario normalizado ED330B- anexos I e II disponible na aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

• Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

LUNS: 16:30 18:00
MARTES: 13:00 14:00 / 16:30 18: 00
MÉRCORES: 13:00 14:00
XOVES: 13:00 14:00