Explosión xeométrica en 2º ESO! 24/25
Celebramos o Día Internacional das Matemáticas con moita creatividade e… ¡unha boa dose de volume!
O alumnado de 2º da ESO traballou os corpos xeométricos de maneira manipulativa, creando uns orixinais cubos explosivos que agochan no seu interior un verdadeiro chuletario matemático con fórmulas, definicións e exemplos sobre prismas, pirámides, esferas, conos, cilindros… e moito máis!
Cada cubo contén información visual e clara que o alumnado elaborou e decorou con moito coidado. E o resultado… xa podedes velo na aula de 2ºESO! Un mural cheo de cor, creatividade e saber matemático.
A actividade enmárcase na conmemoración do Día Internacional das Matemáticas da UNESCO, que cada 14 de marzo pon en valor o papel das matemáticas para construír un mundo mellor.
As nosas matemáticas tamén explotan en aprendizaxe!











