Formación do profesorado de Polos Creativos Geogebra 24/25
Este sábado 15 de febreiro, as profesoras do equipo de Polos Creativos participaron no IV Día GeoGebra Galicia 2025, celebrado no IES As Lagoas de Ourense, onde tiveron ocasión de asistir a ponencias e obradoiros tan inspiradores como os de Bernat Ancochea Millet, Débora Pereiro, Luciana Brito, Sofía Cendán, entre moitas outras persoas expertas.




Estas accións de formación continua do profesorado tradúcense nunha mellora directa na calidade do ensino que recibe o noso alumnado. Apostamos por unha educación viva, conectada coa realidade e en constante evolución.