Reserva

COMEDOR 25/26

USUARIOS NON HABITUAIS

  • O prezo do comedor será de 8€ cada día.
  • Aqueles alumnos que acudan ao comedor menos de 3 días á semana, todas as semanas; ou menos de 15 días ao mes.
  • A solicitude farase ata o xoves da semana anterior (último día) ao correo do comedor: comedor@colegioayala.com Poderase solicitar de forma mensual sempre e cando sexan os mesmos días todas as semanas (todos os martes, todos os luns e xoves…).
  • Non se aceptarán solicitudes ou modificacións de última hora por temas de xestión.

USUARIOS HABITUAIS

BONO INDIVIDUAL: 10 DÍAS DE COMEDOR – 75 €         

  • Para usuarios habituais do servicio de comedor un mínimo de 3 días á semana, TODAS as semanas; ou 15 días ao mes en semanas alternas, ofrécese a posibilidade de adquirir un bono desconto de 10 días por 75€.
  • A solicitude do bonodeberase facer ata o xoves da semana anterior (último día) ao correo do comedor: comedor@colegioayala.com
    • Daráselles cita por correo para a súa adquisición en secretaría en horario a concretar en setembro.
  • Comunicación expresa dos días que se fará uso do bono no mes.
  • Pago no momento da adquisición do bono. Non deixar nunca os cartos en secretaría.
  • Non se aceptarán solicitudes ou modificacións de última hora por temas de xestión.

FORMA DE PAGO DO COMEDOR (CON OU SEN BONO)

  • Pago por adiantado en secretaría de forma semanal o mensual
  • Cantidade exacta nun sobre pechado cos seguintes datos:
    • Nome completo do/a alumno/a
    • Curso
    • Servizo
    • Días que se pagan
    • Cantidade aboada
  • No caso dos bonos individuais e/ou familiares, non se poderán adquirir máis de 3 bonos por alumno de cada vez por causas de xestión.

    ANULACIÓN DE MENÚS

    Só se poderá anular a solicitude dun día de comedor ata as 19:00 horas do día anterior a través do correo do comedor e sempre e cando a empresa do catering acepte a cancelación.

    INSTRUCCIONES COMEDOR EN CATELLANO


    MADRUGADORES E ALMORZOS 25/26

    • 2€ / día por alumno
    • A partir das 8:00 ata as 9:00, coidados e acompañados por un/unha monitor/a que os levará ata as filas de entrada.
    • 2.50€ / día por alumno
    • A partir das 8:00 ata as 9:00, tomando o almorzo no centro escolar, coidados e acompañados por un/unha monitor/a que os levará ata as filas de entrada.
    • Aconséllase que aqueles alumnos que almorcen no centro traian un pequeno neceser na mochila cun cepillo e pasta de dentes para fomentar uns hábitos de vida saudables.
    • A solicitude deberase facer ata o xoves da semana anterior (último día) ao correo do comedor: comedor@colegioayala.com Poderase solicitar de forma mensual sempre e cando sexan os mesmos días todas as semanas (todos os martes, todos os luns e xoves…).
    • Pago por adiantado en secretaría de forma semanal o mensual
    • Cantidade exacta nun sobre pechado cos seguintes datos:
      • Nome completo do/a alumno/a
      • Curso
      • Servizo
      • Días que se pagan
      • Cantidade aboada
    • Só se poderá anular a solicitude dun día de madrugadores/almorzos ata as 19:00 horas do día anterior a través do correo do comedor.
    • Non se aceptarán anulacións fóra dese prazo salvo causa xustificada.

    TODOS OS USUARIOS TEÑEN A OBRIGA DE COMUNICAR CUALQUERA ALERXIA OU INTOLERANCIA Á XESTIÓN DO COMEDOR E ENTREGAR UN INFORME MÉDICO A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO DO COMEDOR

    INSTRUCCIONES MADRUGADORES Y DESAYUNOS EN CASTELLANO


    PODE TAMÉN REALIZAR A RESERVA MEDIANTE O FORMULARIO A CONTINUACIÓN