Tecnomáticas 1ºESO – Operación Leituga 24/25
A actividade “Tecnomáticas - Operación Leituga” para 1ºESO é un proxecto interdisciplinar de 1 trimestre de duración no que se integran as materias de Matemáticas e Tecnoloxía e Dixitalización.
A finalidade da tarefa é plantar leitugas e sacar estatísticas e gráficas do seu crecemento, para iso, tense que deseñar, construír e programar un semilleiro automatizado cun sensor de humidade e un servomecanismo que indica visualmente cando a terra está seca, integrando para isto contidos de tratamento de datos, estatística, representación gráfica, deseño 3D, programación e montaxe de circuítos. A tarefa comeza cunha investigación sobre as condicións óptimas de cultivo, continúa coa recollida de datos reais e remata coa creación dun prototipo funcional.
- CICLO: 1C ESO
- NIVEL: 1ºESO
- ÁREAS: Matemáticas e Tecnoloxía
- MATERIA: Matemáticas e Tecnoloxía e Dixitalización (interdisciplinar)

⚙️ DINÁMICA DA ACTIVIDADE
A actividade desenvólvese mediante unha dinámica por retos encadeados, traballo cooperativo e aprendizaxe baseada en proxectos. O alumnado traballa en equipos forzados de 3 membros, con roles rotatorios e cor identificativa. Os retos están axustados á súa Zona de Desenvolvemento Próxima (ZDP), promovendo a autonomía e a reflexión crítica.
Cada equipo deseña un modelo de semilleiro en Tinkercad, imprimíndoo en 3D. Posteriormente intégrase un sensor de humidade e programan unha micro:bit que activa un servo con forma de bandeiriña cando o solo está seco. Paralelamente, o alumnado rexistra os datos recollidos e realiza representacións gráficas coas que traballa na aula de matemáticas a estatística do crecemento.

A aula convértese nun espazo de experimentación onde se combinan explicacións curtas, videotitoriais, resolución de retos, uso de ferramentas dixitais e traballo manipulativo. Empregamos TIC como Plickers, Excel, Tinkercad, Makecode e Teams para o seguimento e difusión dos avances.
O sistema de puntuación positiva con actualización por sesión motiva e visibiliza o progreso, e recóllense micro-retos de estatística e control de calidade, que reforzan o rigor e a análise dos datos. Os equipos poden observar o traballo dos demais e compartir solucións, promovendo unha cultura de colaboración aberta e aprendizaxe compartida.

DESEÑO DA ACTIVIDADE
A actividade deseñouse seguindo os principios metodolóxicos de:
- DUA e Intelixencias Múltiples: múltiples formas de representación (plano, gráfico, dixital), expresión (manual, verbal, programación) e implicación (cooperación, creatividade, reto técnico).
- Aulas de pensar (Liljedahl): equipos pequenos, retos sen explicación directa, pensamento visible, mobilidade libre, avaliación do proceso e da estratexia.
- ABP (Aprendizaxe baseada en proxectos): produto final funcional (semilleiro automatizado), documentación completa, avaliación auténtica e conexión co contexto real (cultivo sostible e automatización).
🌱 Contexto: Operación Leituga
O proxecto está contextualizado nunha situación real de agricultura sostible. A través da creación dun semilleiro automatizado, o alumnado conecta co ODS 3 (saúde e benestar), ODS 8 (traballo digno e crecemento económico) e ODS 9 (industria, innovación e infraestrutura).
🧠 Aulas de pensar
Esta actividade adopta os principios da aula de pensamento eficaz, un modelo desenvolvido para activar o pensamento matemático e mellorar a implicación do alumnado:
- Formación de grupos pequenos de 3 persoas por sesión. No noso caso forzados para potenciar o ZDP.
- Retos secuenciados na súa zona de desenvolvemento próximo (ZDP), deseñados para ser abordables sen instrución directa.
- Uso de pizarras brancas, que permiten a visibilización do pensamento e a discusión colectiva. No noso caso horizontais polo de agora.
- A avaliación céntrase no proceso, nas estratexias e no razoamento, non só no resultado final.
- Os equipos poden moverse libremente pola aula, o que permite interaccións ricas e aprendizaxe entre iguais.
- O profesorado actúa como guía que observa, formula preguntas abertas e promove reflexión, máis que como transmisor directo.
Teoría das Intelixencias Múltiples (Howard Gardner)
Intelixencia | Activación nesta tarefa |
---|
Visual-espacial | Deseño 3D, interpretación de planos e gráficos. |
Lóxico-matemática | Rexistro e análise de datos, representación gráfica. |
Corporal-cinestésica | Montaxe de circuítos e manipulación de compoñentes. |
Interpersonal | Traballo cooperativo, roles definidos e axuda entre iguais. |
Intrapersonal | Autoavaliación e mellora do propio proceso. |
Lingüística | Elaboración de informes, explicación de procedementos. |
Musical | Emprégase música jazz para regulación do volume na aula. |
Naturalista | Observación do crecemento e control ambiental. |
🎯 Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA)
Múltiples formas de representación:
- Visual: planos e deseños en Tinkercad, gráficas de datos e esquemas de montaxe.
- Lingüística e simbólica: explicacións orais do funcionamento do semilleiro, informes técnicos e rexistros de datos.
- Dixital: programación da micro:bit en Makecode, deseño 3D, gráficos en Excel e documentación en Teams.


Múltiples formas de acción e expresión:
- Representación técnica: deseño de pezas, esquemas eléctricos e diagramas de fluxo.
- Creación plástica e dixital: construción de prototipos, impresión 3D e programación visual por bloques.
- Redacción e exposición oral do proceso: presentación do funcionamento do semilleiro automatizado e reflexión sobre melloras.

Múltiples formas de implicación:
- Traballo cooperativo con roles: deseñador/a, montador/a e programador/a, rotatorios por sesión.
- Sistema de puntos motivador e sen penalizacións: baseado na superación de retos técnicos e creativos.
- Posibilidade de movemento e toma de decisións na aula: liberdade para explorar, compartir solucións e adaptar o deseño ao seu criterio.
- Elección funcional e estética no deseño do semilleiro: formas, cores, nome do prototipo e decoración libre.
🎨 Aprendizaxe baseada en proxectos (ABP)
O proxecto está estruturado como un proxecto ABP real, cunha situación inicial clara, produto final, traballo prolongado e avaliación auténtica:
- Produto final: Semilleiro funcional automatizado cun sistema de aviso.
- Proceso completo: Investigación → deseño → construción → programación → análise de datos → mellora do prototipo.
- Avaliación auténtica: mediante rúbricas, observación directa, informes de seguimento e presentación final.
- Exposición final: mostra do prototipo e explicación do funcionamento diante do grupo-clase.



🌍 Importancia de traballar os ODS na aula
Integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) no contexto educativo é unha estratexia fundamental para conectar o currículo co mundo real e desenvolver no alumnado unha conciencia crítica, responsable e comprometida co futuro do planeta.
🧩 Curricular e contextualizado
- O proxecto conecta cos ODS 3 (Saúde e benestar), ODS 8 (Traballo digno e crecemento económico) e ODS 9 (Industria, innovación e infraestrutura).
- A contextualización real dunha tarefa (automatización dun semilleiro sostible) permite traballar competencias técnicas e científicas integradas coa ética do coidado, o respecto ambiental e o emprendemento responsable.
- A inclusión dos ODS responde aos principios da LOMLOE: aprendizaxe significativa, conexión co contorno, fomento da cidadanía activa e perspectiva de sostibilidade.
🧠 Competencial e interdisciplinar
- Traballar cos ODS permite conectar Matemáticas, Tecnoloxía e valores cidadáns nun proxecto significativo e interdisciplinar.
- O alumnado non só aprende a calcular ou programar: comprende por que e para que se fan esas accións, e como repercuten no benestar común.
- Foméntase así a reflexión crítica, o pensamento sistémico e a capacidade de propoñer solucións concretas a problemas globais.
🌱 Cidadanía activa e compromiso real
- A través da experimentación e creación de solucións reais, o alumnado comprende que pode transformar o seu contorno inmediato e actuar como axente de cambio.
- Isto contribúe á formación dunha identidade ética e cívica, clave para a educación do século XXI.
⚙️ Aprendizaxe con propósito
- Incorporar os ODS dota ao traballo escolar dun sentido e propósito real, incrementando a motivación intrínseca.
- A educación convértese nunha ferramenta para comprender o mundo e actuar sobre el de forma informada e empática.
CONCRECIÓNS CURRICULARES
CONCRECIÓN CURRICULAR 1º MATEMÁTICAS
🔹 Criterios de Avaliación (CA) avaliados por proba escrita:
- CA5.1: Investigar e comprobar conxecturas sinxelas analizando patróns, propiedades e relacións.
- CA5.2: Recoñecer patróns, organizar datos e descompoñer un problema en partes máis simples facilitando a súa interpretación.
- CA5.3: Modelizar situacións e resolver problemas interpretando e modificando algoritmos.
- CA5.4: Recoñecer situacións susceptibles de ser formuladas e resoltas mediante ferramentas e estratexias matemáticas.
- CA5.5: Identificar conexións coherentes entre as matemáticas e outras materias.
🔹 Criterios avaliados mediante observación directa e rúbrica:
- CA5.6: Representar conceptos, procedementos e resultados usando diferentes ferramentas.
- CA5.7: Comunicar información utilizando a linguaxe matemática apropiada.
- CA5.8: Empregar con precisión e rigor a linguaxe matemática na vida cotiá.
- CA6.1: Recoñecer a achega das matemáticas ao progreso da humanidade e á superación dos retos sociais actuais.
- CA6.2: Xestionar emocións e desenvolver autoconcepto matemático positivo.
- CA6.3: Mostrar actitude positiva e perseverante aceptando crítica razoada.
- CA6.4: Colaborar activamente no traballo en equipo respectando diferentes opinións e tomando decisións informadas.
- CA6.5: Participar na repartición de tarefas achegando valor e favorecendo a inclusión.
🧠 Contidos específicos traballados:
- Organización e análise de datos.
- Concepto de poboación, mostra e individuo. Variables cualitativas e cuantitativas.
- Recollida, organización e tratamento de datos de variables unidimensionais. Frecuencias.
- Análise e interpretación de táboas e gráficos estatísticos de variables cualitativas e cuantitativas en contextos da vida real.
- Elaboración das representacións gráficas máis adecuadas a cada caso para visualizar como se distribúen os datos, interpretalos e obter conclusións razoadas. Uso de procedementos manuais e tecnolóxicos (calculadora, folla de cálculo, programas informáticos).
- Medidas de centralización: interpretación e cálculo.
- Uso da calculadora e outras ferramentas tecnolóxicas para o cálculo analítico das medidas de centralización, así como a súa interpretación en situacións da vida real.
- Crenzas, actitudes e emocións.
- Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
- Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe, como a autoconciencia e a autorregulación.
- Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
- Traballo en equipo e toma de decisións.
- Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
- Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
- Inclusión, respecto e diversidade.
- Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
- Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
CONCRECIÓN CURRICULAR 1º TeDi
🔹 Criterios de Avaliación avaliados por Proba Escrita (PE):
- CA1.3 – Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
- CA1.4 – Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético destas.
- CA5.2 – Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
- CA5.5 – Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
- CA4.1 – Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
🔹 Criterios de Avaliación avaliados mediante observación directa e rúbrica (TI):
- CA1.1 – Definir problemas ou necesidades expostas, buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
- CA1.2 – Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
- CA5.1 – Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais, empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
- CA5.3 – Crear contidos e elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
- CA5.4 – Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
- CA2.3 – Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
- CA2.4 – Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos, respectando as normas de seguridade e saúde.
- CA3.1 – Deseñar e fabricar máquinas e sistemas empregando estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos que cumpran unha función determinada dentro do sistema, resolvendo os problemas propostos.
- CA3.2 – Montar sistemas de control e/ou robots sinxelos mediante a incorporación dos elementos necesarios para a resolución dos problemas propostos.
- CA4.2 – Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición.
- CA4.3 – Automatizar procesos, máquinas e obxectos sinxelos, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
🧠 Contidos traballados no proxecto:
- Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
- Estratexias de procura crítica de información.
- Análise de produtos e sistemas tecnolóxicos sinxelos.
- Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
- Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, innovación, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.
- Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes.
- Tecnoloxía sostible. Valoración crítica da contribución da tecnoloxía á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
- Técnicas de representación gráfica para deseño de pezas utilizadas nos proxectos.
- Iniciación ao deseño 3D.
- Uso de materiais tecnolóxicos para a fabricación de obxectos ou modelos nun proxecto tecnolóxico e o seu impacto ambiental.
- Uso e manipulación de ferramentas básicas.
- Respecto das normas de seguridade e hixiene.
- Introdución á fabricación dixital.
- Estruturas para a construción de modelos.
- Identificación de sistemas mecánicos básicos de transmisión e transformación do movemento.
- Electricidade básica para a montaxe de circuítos físicos ou simulados.
- Deseño de sistemas que incorporen estruturas, mecanismos e circuítos eléctricos sinxelos para a resolución de problemas técnicos.
- Compoñentes básicos e funcionamento dun sistema de control ou robot sinxelo.
- Montaxe de sistemas de control ou robots sinxelos.
- Algorítmica e diagramas de fluxo.
- Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador.
- Sistemas de control programado: uso de simuladores e programación sinxela de dispositivos.
- Fundamentos da robótica: control programado de robots sinxelos.
- Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.
- Vocabulario técnico apropiado.
- Habilidades básicas de comunicación interpersoal.
- Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica.
- Dispositivos dixitais: hardware, software, resolución de problemas.
- Plataformas de aprendizaxe.
- Ferramentas de edición e creación de contidos.
- Propiedade intelectual e etiqueta dixital.
- Técnicas de organización e almacenamento seguro da información.
- Seguridade na rede: riscos, ameazas e ataques.
- Benestar dixital: protección de datos e saúde dixital.