3ºESO Polos Creativos Kit Singular 11F 23/24

?✨ Actividade 11F «Investigando as Estrelas» por 3ºESO ?

O alumnado de 3ºESO estivo a montar un Kit Singular especial para o 11F, Día da muller e a nena na Ciencia, que nos proporcionou o CFR de Ferrol. ?‍??

? Descubrindo as Estrelas: A actividade «Investigando as Estrelas»? consiste inicialmente en montar un flexicubo con retratos de 12 mulleres científicas que fixeron grandes contribucións ao estudo do espazo. Unha maneira amena e divertida de aprender sobre a importancia das mulleres na investigación das estrelas. ?

? Máis Alá do Cubo: Pero isto é só o comezo! O flexicubo abrirá as portas a moitas outras actividades creativas e educativas. O alumnado terá a oportunidade de explorar conceptos como patróns e configuracións ademáis de desenvolver habilidades de traballo en equipo e inspirarse no fascinante mundo da astronomía. ??

? 11F: Día da Muller e a Nena na Ciencia: Estamos a preparar tamén o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Queremos destacar o papel crucial das mulleres na investigación científica e inspirar a nosa xente nova a seguir os seus soños científicos. ??‍?

? Aprendizaxe Divertida: Promovemos un enfoque lúdico á educación, onde o alumnado pode participar activamente e aprender mentres se divirten. As nosas aulas son espazos creativos onde a curiosidade e a imaxinación son ben recibidas. ??

? Impulsando a Proxima Xeración de Científic@s: Queremos fomentar o amor pola ciencia e inspirar á próxima xeración de investigador@s. Agradecemos ao CFR de Ferrol pola colaboración que permite realizar estas actividades únicas! ??

También te podría gustar...