O termómetro sube en Física e Química de 2ºESO 24/25
Hoxe en Física e Química de 2ºESO puxemos en práctica todo o aprendido sobre o calor dunha maneira 100% creativa! Comezamos cun quiz online interactivo deseñado polo profesorado do departamento para repasar conceptos clave… e despois, pasamos á acción! 💡✋
🔬 O reto? Construír os nosos propios termómetros e calibralos para que midan en graos Celsius como en Kelvin. Unha actividade divertida, colaborativa e chea de aprendizaxe real.
📦 A nosa receita científica:
✅ 120 ml de auga
✅ 120 ml de alcohol
✅ Un chisco de colorante 💧
✅ Palliñas de cores
✅ Pistola de cola quente
✅ Unhas cartolinas de cores
✅ Xeo e auga fervendo para calibrar
✅ E sobre todo… moita maña e ganas de aprender! 🧠💥
💬 Ao longo da actividade, xurdiron dificultades reais: a auga arrefríase rápido, os resultados non sempre eran estables… Pero iso non nos detivo! O alumnado resolveu os problemas de forma autónoma, comparou resultados e buscou métodos máis fiables para a calibración como o emprego dun termómetro patrón. Todo un exemplo de pensamento científico e espírito investigador!
🧪 O resultado? Termómetros tan orixinais como funcionais, e un grupo cheo de orgullo polo traballo feito. Así dá gusto aprender ciencia!