Maquetas xeométricas en 3º ESO! 24/25
O noso alumnado traballou os corpos xeométricos dun xeito moi especial: creando maquetas co desenvolvemento plano de cada figura e calculando con precisión a súa área e volume. 🔺🔵
Cada proxecto é único:
🎨 Desde deseños minimalistas a outros cheos de cor, mapas ou detalles decorativos
📐 Representaron prismas, pirámides, poliedros, corpos de revolución…
🧠 E, por suposto, acompañaron cada modelo coas expresións matemáticas necesarias para entender como se calcula a súa área e o seu volume.
Unha actividade onde a creatividade se suma á precisión matemática. Cando o papel se transforma en aprendizaxe e o cálculo deixa pegada na memoria!
Empezamos coñecendo a fondo as partes dos corpos xeométricos co material achegado dende Polos Creativos



Terminamos xerando unhas maquetas súper creativas e didácticas que estamos a espoñer no panel da nosa aula




