Relatos curtos falar da IA por 4ºESO 25/26

O alumnado de 4º de ESO, na materia de IA para a sociedade,
está a desenvolver unha acción de sensibilización dirixida
ao alumnado desde 5º de Primaria.

A iniciativa baséase na lectura de relatos curtos xerados no propio colexio, pensados para abrir un diálogo sinxelo e adaptado á idade sobre o uso ético da intelixencia artificial e os perigos máis habituais no día a día.

Durante as sesións, o alumnado de 4º ESO actúa como guía: presenta cada relato, propón preguntas e axuda a identificar situacións reais que poden aparecer.

O obxectivo é claro: aprender a pensar antes de compartir, pedir axuda cando algo non cadra e entender que a tecnoloxía pode ser útil se se usa con criterio e coa persoa no centro.

Esta actividade reforza a convivencia e a aprendizaxe entre iguais, poñendo en valor o papel do alumnado maior como referente positivo e acompañamento para os cursos máis pequenos.

Convite á lectura
Animamos a familias a achegarse a estes relatos curtos, creados no cole, para reflexionar xuntas e xuntos sobre como usamos a IA no día a día.

Os textos están pensados para lerse en poucos minutos, e inclúen situacións moi próximas á realidade do alumnado.

📖 Lédeos e comentádeos na casa: unha conversa a tempo é a mellor ferramenta para un uso responsable da tecnoloxía.

También te podría gustar...