Aurelio Ringlones e o Segredo do Ayala 24/25

Hoxe vivimos unha mañá moi especial no cole para conmemorar a Semana do Libro coa lectura compartida do noso conto:

«Aurelio Ringlones e o segredo do Ayala» 🐾📖

Este proxecto máxico de Polos Creativos e Dinamización Lingüística, foi creado coa participación de todo o alumnado, dende Infantil ata Secundaria:

  • 🎨 Infantil deseñou as súas propias versións de Aurelio, animadas polos rapaces e rapazas de 3º da ESO.
  • ✍️ Primaria traballou con moita ilusión na escritura do texto.
  • 🖌️ ESO encargouse da revisión e maquetación final, dando forma a esta marabilla que xa forma parte do noso cole.

💙 Estamos profundamente orgullosos do traballo realizado por todo o alumnado. Unha vez máis demostramos que crecendo xuntos, somos máis grandes.

🎉 Queremos dar as GRAZAS de corazón a todas as familias que se achegaron onte a compartir este momento tan especial connosco. A vosa presenza fixo que a historia de Aurelio fose aínda máis máxica!

Podes ler o libro con música premendo no botón:

📚 Porque cando a lectura, a creatividade e a ilusión se xuntan…nacen aventuras que non teñen fin.

También te podría gustar...