Olimpíada de Seguridade Vial 24/25
1ºESO tutoriza a 5ºEP na creación de maqueta. Traballamos man a man.
O alumnado de 1º de ESO titoriza ao de 5º de Primaria na creación dunha maqueta urbana para a Olimpíada de Seguridade Viaria 24/25 do Concello de Narón, un proxecto interdisciplinar que combina Matemáticas, Tecnoloxía, Ciencias Sociais e Educación Plástica. A través do traballo cooperativo, investigan sobre seguridade viaria, deseñan en escala os elementos da cidade e constrúen infraestruturas como semáforos, pasos de peóns e sinais de tráfico, empregando materiais reciclados e impresión 3D. O obxectivo é concienciar sobre a mobilidade segura, fomentar a creatividade e aplicar coñecementos de forma práctica. Ao final, presentarán a súa maqueta ante a comunidade educativa, amosando solucións para crear espazos urbanos máis accesibles e sostibles.
- CICLO: 3C EP e 1C ESO
- NIVEL: 5ºEP e 1ºESO
- ÁREAS: Ciencias da Natureza, Matemáticas, Educación Artística e Ciencias Sociais
- MATERIA: Tecnoloxía
- INDERDISCIPLINAR CON: EPVA e Matemáticas
OLIMPÍADA GALEGA – SOMOS CAMPIÓNS!!!!
O CPR Ayala, campión galego da Olimpiada de Seguridade Viaria!
Hoxe vivimos unha xornada incrible! O noso equipo de 5º de Primaria, Ayala Teams, proclamouse campión galego da Olimpiada de Seguridade Viaria tras competir cos mellores equipos de Lugo, Santiago, Pontevedra e Ourense. Agora, toca poñer rumbo a Pamplona para a gran final nacional!
As probas foron todo un desafío e puxeron a proba os nosos coñecementos en seguridade viaria e habilidades en bicicleta:
Kahoot de normas viarias, no que quedamos primeiros!
Presentación da nosa maqueta sobre mobilidade segura, onde amosamos todo o traballo feito.
Vídeo sobre mobilidade sostible, destacando boas prácticas na circulación.
Proba da palabra oculta, onde demostramos rapidez e traballo en equipo.
Circuito de axilidade en bicicleta, fundamental para poñer en práctica a seguridade viaria.
A emoción foi tal que mesmo nos entrevistou a televisión! Un recoñecemento máis ao esforzo, constancia e traballo en equipo que nos trouxo ata aquí.
Queremos agradecer de corazón ao Concello de Narón e á Policía Local de Narón por todo o apoio e por facer posible esta competición tan enriquecedora. Grazas tamén ao profesorado e ás familias por acompañarnos nesta aventura.
E agora… Pamplona, imos a por todas!
NOS ENTREVISTAN NA RADIO!!! 📻🎙
OLIMPÍADA LOCAL – QUEDAMOS NO 1º POSTO
Somos campións da Olimpiada de Seguridade Viaria de Narón!
Hoxe é un día de celebración no CPR Ayala! O noso equipo Ayala Teams de 5º de Primaria acadou o 1º PREMIO na Olimpíada de Seguridade Viaria de Narón!
Estamos moi orgullosos de todo o alumnado e profesorado que fixeron isto posible, polo seu esforzo, constancia e traballo en equipo. Este premio é o resultado do compromiso e da aprendizaxe que nos levaron ata aquí!
Queremos agradecer de corazón ao @concellodenaron
e á Policía Local por organizar e esta iniciativa tan enriquecedora, que nos axuda a concienciarnos sobre a importancia da seguridade viaria dun xeito práctico e divertido. Grazas por facer posible esta experiencia!
E mañá… daremos o máximo na FINAL GALEGA! Moita sorte aos nosos rapaces e rapazas, confiamos en vós!
1º de ESO e 5º de Primaria constrúen unha cidade segura ?
O alumnado de 1º de ESO e 5º de Primaria está a participar nun proxecto educativo innovador no que deseñan e constrúen unha maqueta urbana para a Olimpíada de Seguridade Viaria 24/25 organizada polo Concello de Narón. A actividade ten como obxectivo concienciar sobre a seguridade viaria, mellorar a planificación dos espazos urbanos e fomentar o traballo en equipo entre diferentes etapas educativas.
- Que están a facer?
- Os nenos e nenas de 1º de ESO titorizan aos de 5º de Primaria, guiándoos no proceso de creación.
- Están a investigar os problemas de seguridade viaria na sua contorna inmediata, e dicir, ao redor do cole, aplicando conceptos de seguridade viaria.
- Empregan materiais reciclados e impresión 3D para construír semáforos, pasos de peóns, sinais de tráfico e rúas accesibles.
- Aplican coñecementos de Matemáticas, Tecnoloxía, Ciencias Sociais e Educación Plástica para representar con precisión as infraestruturas viarias.
- Incorporan elementos interactivos e automatización, como semáforos e sinalización, para simular un espazo urbano seguro.
- Realizan deseño en 3D, para aplicar as solucións atopadas.
- Xeran unha maqueta, con material de refugallo.
Obxectivos da actividade
✅ Reflexionar sobre a importancia da seguridade viaria no día a día.
✅ Aplicar conceptos de escalas, proporcións e xeometría no deseño da maqueta.
✅ Fomentar a creatividade e o uso de materiais sostibles na construción.
✅ Desenvolver habilidades dixitais e de traballo cooperativo.
Ao final do proxecto, o alumnado presentará a súa maqueta ante a comunidade educativa, explicando as solucións de seguridade viaria aplicadas. Esta experiencia permitirá achegarse de forma práctica á realidade urbana, promovendo valores de convivencia e cidadanía responsable.
Unha aprendizaxe visual e experiencial para crear cidades máis seguras!
Programación do semáforo


Programación e probas do coche

Deseño de sinalización vertical



Deseño da marquesina


Base da maqueta – Reforzos e configuración do plano











Construcción dos edificios a escala








Pintado dos edificios



Decoración cos elementos vexetais empregando material de refugallo




Imaxes xerais do traballo por «departamentos»



OLIMPÍADA LOCAL – QUEDAMOS NO 1º POSTO
CONCRECIÓNS CURRICULARES
CONCRECIÓN CURRICULAR 5º EP
? Ciencias da Natureza
Bloque 1: Cultura científica
✔️ CE1.1 – Formular preguntas sobre seguridade viaria e facer predicións sobre como mellorar a circulación nas cidades.
✔️ CE1.2 – Buscar información sobre infraestruturas viarias seguras e a súa importancia no urbanismo sostible.
✔️ CE1.3 – Realizar experimentos e modelos sobre circulación segura, aplicando técnicas de indagación.
✔️ CE1.4 – Comunicar as conclusións do traballo en equipo mediante a exposición da maqueta.
Bloque 3: Materia, forzas e enerxía
✔️ CE3.2 – Identificar os diferentes tipos de enerxía implicados no funcionamento das infraestruturas viarias.
✔️ CE3.3 – Analizar como o deseño urbano e a tecnoloxía contribúen á sostibilidade e á seguridade.
✔️ CE3.4 – Aplicar o concepto de máquinas simples e compostas na construción da maqueta.
? Área de Matemáticas
Bloque 1: Sentido numérico
✔️ CE1.2 – Comprender e interpretar problemas reais sobre escalas e proporcións na maqueta.
✔️ CE1.3 – Seleccionar e xustificar estratexias matemáticas para axustar medidas no proxecto.
✔️ CE1.8 – Aplicar conexións entre as matemáticas e a vida real no deseño da infraestrutura viaria.
Bloque 2: Sentido da medida
✔️ CE2.2 – Resolver problemas sobre conversión de unidades de lonxitude e superficie.
✔️ CE2.5 – Relacionar diferentes medidas empregadas no deseño e construción da maqueta.
✔️ CE2.6 – Aplicar o concepto de escala na representación reducida dun espazo urbano.
Bloque 3: Sentido espacial
✔️ CE3.2 – Utilizar representacións gráficas para planificar a distribución dos elementos da maqueta.
✔️ CE3.5 – Aplicar coñecementos de xeometría e proporcións na construción da infraestrutura.
✔️ CE3.7 – Empregar coordenadas cartesianas e referencias espaciais para situar os elementos da maqueta.
?Área de Educación Artística
Bloque 1: Educación plástica e visual: percepción e análise
✔️ CE1.2 – Describir manifestacións artísticas relacionadas co deseño urbano e a seguridade viaria.
✔️ CE1.4 – Comparar diferentes tipos de representación gráfica e técnica na planificación de cidades.
✔️ CE1.6 – Valorar a importancia do deseño viario e os seus elementos visuais como sinais e marcas.
Bloque 2: Educación plástica e visual: creación e interpretación
✔️ CE2.1 – Crear unha maqueta aplicando técnicas plásticas, utilizando materiais de refugallo.
✔️ CE2.2 – Expresar ideas sobre seguridade viaria a través da representación visual.
✔️ CE2.3 – Planificar e deseñar colectivamente a maqueta, asumindo diferentes roles.
✔️ CE2.5 – Comunicar o proceso creativo e os resultados da actividade mediante presentacións visuais.
? Área de Ciencias Sociais
Bloque 1: Ciencia e tecnoloxía
✔️ CE1.1 – Utilizar recursos dixitais para buscar e comunicar información sobre seguridade viaria.
✔️ CE1.2 – Formular preguntas sobre o urbanismo sostible e a mobilidade segura na cidade.
✔️ CE1.3 – Buscar e contrastar información sobre normas de circulación, sinais de tráfico e boas prácticas na seguridade viaria.
Bloque 2: O mundo e o desenvolvemento sostible
✔️ CE2.1 – Analizar o impacto da planificación urbana na seguridade e mobilidade das persoas.
✔️ CE2.2 – Establecer conexións entre infraestruturas viarias e seguridade cidadá.
✔️ CE2.3 – Reflexionar sobre os estilos de vida sostible e a importancia do urbanismo inclusivo.
Bloque 3: Vivir en sociedade
✔️ CE3.4 – Comprender o papel dos concellos na regulación do tráfico e a seguridade viaria.
✔️ CE3.3 – Aplicar normas básicas de circulación e seguridade en entornos urbanos.
Bloque 4: Leccións do pasado
✔️ CE4.1 – Valorar o patrimonio urbano e a súa evolución histórica na organización das cidades.
CONCRECIÓN CURRICULAR 1º ESO
? Tecnoloxía e Dixitalización
Bloque 1: O proxecto tecnolóxico
✔️ CA1.1 – Definir problemas e necesidades a partir da observación e análise da contorna.
✔️ CA1.2 – Examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos mediante a análise de sistemas e a aplicación do método científico.
✔️ CA1.3 – Identificar a influencia da tecnoloxía na sociedade e o seu impacto ambiental.
Bloque 2: Deseño e fabricación
✔️ CA2.1 – Idear e deseñar solucións sostibles e innovadoras aplicando conceptos técnicos.
✔️ CA2.2 – Seleccionar materiais e ferramentas axeitadas para a construción da maqueta.
✔️ CA2.3 – Fabricar a maqueta empregando técnicas de mecanización e impresión 3D.
Bloque 3: Elementos de máquinas, sistemas e robots
✔️ CA3.1 – Integrar estruturas e mecanismos na maqueta para representar elementos de seguridade viaria.
✔️ CA3.2 – Montar sistemas de control sinxelos aplicando electricidade básica e circuítos eléctricos.
Bloque 4: Programación, control e robótica
✔️ CA4.1 – Aplicar algoritmos e diagramas de fluxo para automatizar elementos da maqueta.
✔️ CA4.2 – Programar dispositivos sinxelos para simular o funcionamento de sistemas de seguridade viaria.
✔️ CA4.3 – Automatizar elementos interactivos da maqueta mediante sistemas de control programados.
Bloque 5: Documentación e comunicación dixital
✔️ CA5.1 – Representar e comunicar o proceso de deseño da maqueta mediante ferramentas dixitais.
✔️ CA5.2 – Utilizar dispositivos dixitais de forma segura para o desenvolvemento do proxecto.
? Matemáticas
Bloque 1: Sentido numérico
✔️ CA1.1 – Interpretar problemas matemáticos organizando e relacionando os datos para atopar estratexias de resolución.
✔️ CA1.2 – Aplicar ferramentas matemáticas para resolver problemas relacionados con medidas e proporcións.
✔️ CA1.4 – Establecer conexións entre as matemáticas e o mundo real a través da aplicación das escalas.
Bloque 2: Sentido da medida
✔️ CA2.1 – Investigar e comprobar conxecturas analizando patróns e relacións entre medidas na maqueta.
✔️ CA2.2 – Modelizar situacións e interpretar algoritmos para axustar as proporcións do proxecto.
✔️ CA2.5 – Representar correctamente conceptos e procedementos matemáticos mediante ferramentas gráficas.
Bloque 3: Sentido espacial
✔️ CA3.1 – Organizar datos e elaborar representacións matemáticas para planificar a maqueta.
✔️ CA3.5 – Aplicar técnicas xeométricas para representar a estrutura viaria en escala reducida.
✔️ CA3.7 – Representar visualmente a maqueta empregando coordenadas e sistemas de referencia.
? Educación Plástica, Visual e Audiovisual
Bloque 2: Elementos formais da imaxe e da linguaxe visual. A expresión gráfica
✔️ CA2.2 – Expresión de ideas mediante técnicas plásticas e visuais.
✔️ CA2.3 – Creación de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando creatividade e sensibilidade.
Bloque 3: Expresión gráfico-plástica e técnica: fundamentos e procedementos
✔️ CA3.2 – Uso de técnicas bidimensionais e tridimensionais na comunicación visual.
✔️ CA3.3 – Experimentación con materiais e soportes na creación artística.
✔️ CA3.5 – Exposición do proceso e avaliación crítica das producións realizadas.
Bloque 4: Imaxe e comunicación visual e audiovisual
✔️ CA4.3 – Análise das linguaxes visuais e audiovisuais desde unha perspectiva crítica.
✔️ CA4.5 – Creación de producións visuais con intención previa e propósito definido.