Entrega de trofeos ClickODS 24/25!

Esta semana fixemos entrega dos trofeos aos tres gañadores do noso I Concurso Fotográfico Click ODS, organizado polo alumnado de 3º da ESO e centrado no ODS 13: Acción polo Clima 🌍💚

Os propios trofeos foron deseñados polo alumnado de 3ºESO e impresos en 3D grazas ao material de Polos Creativos. Un traballo completo de conciencia, tecnoloxía e deseño con propósito!

As fotografías dos gañadores destacaron por transmitir, con forza e creatividade, a importancia de coidar o planeta e actuar fronte ao cambio climático.

👏 Parabéns ás persoas premiadas e grazas a todas as participantes por encher esta iniciativa de sensibilidade, compromiso e arte.
Seguiremos facendo “click” pola sostibilidade! 📷✨

También te podría gustar...