Xeometría en acción en 2º da ESO

O último día de clase traballamos de maneira conxunta as materias de Matemáticas e Tecnoloxía en 2º da ESO, afondando nos sólidos platónicos e nos seus desenvolvementos en realidade aumentada (RA).
Como peche do proxecto, o alumnado montou calendarios do ano 2026 en forma de dodecaedro, integrando coñecementos xeométricos, creatividade e competencia dixital.

Todo o proceso e os resultados quedaron recollidos nunha presentación final, que amosa o traballo realizado e a aprendizaxe alcanzada.

Aprender facendo, visualizando e creando 🚀

También te podría gustar...