
O último día de clase traballamos de maneira conxunta as materias de Matemáticas e Tecnoloxía en 2º da ESO, afondando nos sólidos platónicos e nos seus desenvolvementos en realidade aumentada (RA).Como peche do proxecto, o alumnado montou calendarios do ano 2026 en forma de dodecaedro, integrando coñecementos xeométricos, creatividade e competencia dixital. Todo o proceso…

Durante a semana previa ás vacacións, o alumnado de 1º e 4º da ESO participou en distintos retos matemáticos, pensados para estimular o razoamento lóxico, a creatividade e o gusto polos desafíos. Unha proposta lúdica para pechar o trimestre pensando, debatendo e colaborando… porque as matemáticas tamén se desfrutan xogando ✨➕➗

O alumnado de 4º de ESO, na materia de IA para a sociedade,está a desenvolver unha acción de sensibilización dirixidaao alumnado desde 5º de Primaria. A iniciativa baséase na lectura de relatos curtos xerados no propio colexio, pensados para abrir un diálogo sinxelo e adaptado á idade sobre o uso ético da intelixencia artificial e…

Na materia de Física e Química de 2º ESO, estivemos traballando co kit Peza a Peza dentro do proxecto de Polos Creativos. A través dun enfoque manipulativo e visual, o alumnado puido comprender mellor que é un átomo, como se forman as moléculas e como se relacionan entre si. Aprender ciencia tocando, probando e construíndo…

Deseñando, creando e compartindo aprendizaxe! No cole estamos a traballar nun novo proxecto creativo: estamos a deseñar cortadores de pastas para porcelana fría coa impresora 3D, partindo dunhas servilletas moi especiais que nos regalaron e que teñen unha forma preciosa. A nosa idea é poder reproducir exactamente esa forma para cortar a porcelana fría. Para…

⚡🔋 Aprendendo sobre enerxía O alumnado de 2º e 3º da ESO participou no Obradoiro do CIS Mundos Eléctricos 2025, onde traballamos de forma práctica a enerxía renovavble, os circuítos eléctricos, a condución da electricidade e a transformación da enerxía. A través da experimentación con pilas, LED, tiras condutoras e paneis solares, o alumnado comprobou…

Black Friday en liña, con cabeza Revisa sempre a URL: cadeado e “https”. Entra só en webs oficiais. Ollo co phishing: correos/DMs con chollos imposibles ou “urxente!”. Non pulses; busca a oferta na web/app oficial. Usa tarxeta virtual ou recargable (ou Bizum seguro) e activa avisos no banco. Activa o 2FA no correo e nas…
Parabéns á gañadora do difícil Reto Matemático de Samaín de 3º de ESO!!! 🎃 Aroa é unha matemática terroríficamente boa. Estamos moi orgullosos de ti!

O alumnado de 2º da ESO participou nunha actividade experimental por estacións deseñada para coñecer, explorar e comprender as propiedades da materia dun xeito manipulativo, dinámico e divertido. Organizáronse en grupos cooperativos e foron rotando por 5 mesas de traballo cun obxectivo común: investigar como é a materia e como se comporta. Cada grupo tiña…

🔐💻O 15 de outubro participamos na V edición do concurso “Ciberseguridade no Cole” O alumnado de 1º e 2º da ESO participou na fase inicial online do concurso autonómico “Ciberseguridade no Cole”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e Telefónica para fomentar o uso seguro e responsable da tecnoloxía. Nos días previos, estivemos preparándonos…















