
No cole celebramos o 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, como unha oportunidade para visibilizar o talento, romper estereotipos e lembrar que a ciencia tamén é un espazo para as nenas, sen límites nin etiquetas. Ao longo da actividade, o alumnado coñeceu referentes reais e puxo o foco no valor das…

Desde o CPR Ayala queremos felicitar publicamente ao noso alumno Dani Moar, recoñecido nas Olimpíadas de Informática de Galicia como un dos dous mellores participantes da ESO.Unha gran nova que reflicte o seu esforzo, constancia e talento. Parabéns, Dani! É un orgullo para toda a comunidade educativa do CPR Ayala. 💙 /https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2026/02/08/educacion-dos-alumnos-zona-primeros-puestos-olimpiadas-informatica-biologia/0003_202602F8C4995.htm

🐦🕯️ Feliz Día da Candeloria! 🕯️🐦 No CPR Ayala celebramos esta data tan nosa, chea de tradición, luz e agarimo. 💙E como manda o refraneiro galego… “Se a Candeloria chora, o inverno vai fóra;se a Candeloria ri, o inverno está por vir.” 🌦️❄️🌞 Que este día nos traia esperanza, boas novas e moitos momentos para…

Redes sociais e menores de 16 anos As redes sociais non están pensadas para nenos e nenas. A exposición temperá pode afectar ao seu benestar emocional, á autoestima e á súa privacidade. 👨👩👧 Que podemos facer nas familias? As redes non substitúen a conversa, o xogo nin o descanso.A mellor protección é unha familia presente…

O alumnado de 1º da ESO está a desenvolver un proxecto interdisciplinar no que se integran Matemáticas, Tecnoloxía e EPVA a partir dun obxecto real: unha casita de Nadal que dará lugar á creación dun pequeno pobo 🛠️🏠 En Matemáticas, trabállanse a proporcionalidade, as razóns e as escalas de ampliación e redución, pasando da realidade…




















