V edición Ciberseguridade no Cole 25/26
🔐💻O 15 de outubro participamos na V edición do concurso “Ciberseguridade no Cole”
O alumnado de 1º e 2º da ESO participou na fase inicial online do concurso autonómico “Ciberseguridade no Cole”, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e Telefónica para fomentar o uso seguro e responsable da tecnoloxía.

Nos días previos, estivemos preparándonos intensamente desde a materia de Tecnoloxía e Dixitalización, creando o noso propio concurso curricular, co que o alumnado puido repasar contidos, reflexionar sobre situacións reais na rede e afianzar coñecementos de competencia dixital, pensamento crítico e ciberseguridade.
A proba realizouse en horario lectivo, de maneira online e segura, como parte do traballo habitual de aula.
Seguimos educando para unha cidadanía dixital responsable 🔎✨


















