CiberAyala consello — Xaneiro 25/26

Redes sociais e menores de 16 anos

As redes sociais non están pensadas para nenos e nenas. A exposición temperá pode afectar ao seu benestar emocional, á autoestima e á súa privacidade.

👨‍👩‍👧 Que podemos facer nas familias?

  • 📅 Respectar a idade mínima das redes e atrasar o seu uso o máximo posible.
  • ⏱️ Poñer límites de tempo claros e pactados (non todo vale nin a calquera hora).
  • 🔒 Perfís privados sempre, sen xeolocalización nin persoas descoñecidas.
  • 📸 Falar antes de publicar: fotos, vídeos ou comentarios poden quedar para sempre.
  • ❤️ Escoitar e acompañar: se algo lles fai sentir mal, hai que parar e falar.
  • 👀 Dar exemplo: o uso que facemos as persoas adultas tamén educa.

As redes non substitúen a conversa, o xogo nin o descanso.
A mellor protección é unha familia presente e informada.

También te podría gustar...