CiberAyala consello do mes de xuño 24/25
Vacacións si, pero con sentidiño dixital
Chega o verán, o tempo libre, as viaxes… e o uso intensivo do móbil 📱🌴. É importante que durante as vacacións os adolescentes poidan desconectar un pouco das pantallas e reconectar co mundo real: natureza, familia, amizades de verdade.
Fala con eles sobre a importancia de compartir con cabeza: non publicar a localización exacta en tempo real, evitar mostrar obxectos de valor ou detalles da vivenda 🏠🔒. E sobre todo, establecer momentos sen móbil: durante as comidas, nas saídas en familia ou ao ir durmir.
O verán tamén é tempo para coidar da saúde dixital. Que mellor que aproveitar para respirar, rir e vivir sen filtros 😎💬.
