Tenis de mesa – Programa Xogade

Hoxe celebrouse no pavillón da Serra a fase intercomarcal de tenis de mesa, dentro do programa Xogade, coa participación de centros de Narón, Pontedeume, Ares e Valdoviño.

O alumnado da ESO do CPR Ayala realizou unha gran actuación, conseguindo que varios dos nosos grupos se clasifiquen para a fase provincial, que terá lugar en Zas o domingo 10 de maio.

Participamos nas categorías Infantil e Cadete, demostrando esforzo, deportividade e moi bo nivel competitivo.

Parabéns a todo o alumnado participante! 💙👏

También te podría gustar...