CiberAyala consello — Maio 25/26

Tema: Non te creas todo o que di a IA

A intelixencia artificial pode responder moi rápido e con textos que parecen moi convincentes. Pero é importante lembrar algo: a IA tamén pode equivocarse ou inventar información 🤖.

Estas ferramentas xeran respostas a partir de datos cos que foron adestradas e dos prompts que lles damos. Por iso ás veces poden ofrecer información que soa correcta, pero non está verificada.

💡 Como usar a IA con sentido crítico:

🔎 Non des todo por válido á primeira
A resposta pode parecer convincente, pero non sempre é correcta.

📚 Busca outras fontes
Consulta libros, webs oficiais ou pregunta ao profesorado.

🧠 Pensa antes de confiar
Se algo parece raro ou demasiado perfecto, convén revisalo.

🤝 Usa a IA como apoio para aprender
Pode axudar a organizar ideas, explicar conceptos ou resumir información, pero non substitúe a investigación.

👨‍👩‍👧 En familia: falar sobre pensamento crítico e verificación da información é clave para aprender a usar ben estas ferramentas.

Este consello forma parte dunha campaña de sensibilización sobre o uso responsable da intelixencia artificial promovida polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) a través do programa Internet Segura for Kids (IS4K).

También te podría gustar...