Parabéns, Lucas! FLL 25/26

Parabéns a Lucas Díaz Flores e ao equipo R4PZ4P0S
Queremos felicitar ao noso alumno Lucas Díaz Flores e aos seus compañeiros do equipo R4PZ4P0S, de Gazapo, polo Premio ao Emprendemento acadado na FIRST LEGO League Ferrol 2026, celebrada o pasado 14 de marzo.
Este recoñecemento pon en valor a súa creatividade, o traballo en equipo e a capacidade para converter ideas en proxectos con futuro. Un orgullo para toda a comunidade educativa.
Podes ampliar a información e ver máis contido nestas ligazóns:
#cpr_ayala #STEAM #FLL #emprendemento #orgullo
















