Semana do Libro no CPR Ayala 24/25

Do 21 ao 25 de abril

Esta semana no Colexio Ayala celebramos o poder da lectura con moita ilusión, actividades e moitos libros! Porque ler é soñar cos ollos abertos, enchamos o cole de historias, emocións e imaxinación 📖💫

E atención… 👀
Durante moitos meses estivemos a traballar en segredo nun proxecto moi especial de Polos Creativos xunto con Aurelio, a nosa mascota da «biblio», dende Infantil ata Secundaria. Unha actividade interdisciplinar que mestura arte, tecnoloxía e moita lectura.
🛠️📚🎨 Moi pronto contaremos todos os detalles…!

Ler é soñar cos ollos abertos 📚✨🚀

También te podría gustar...