Charla do Plan Director: «Ciberseguridade e Ciberacoso» en 1ºESO 24/25

Este pasado luns, 15 de xaneiro, o alumnado de 1º de ESO participou nunha charla impartida pola Policía Nacional dentro do marco do Plan Director, enmarcado no noso Plan Dixital de Centro (PDC). Durante a sesión, tratáronse temas clave como a ciberseguridade e o ciberacoso, ofrecendo ferramentas prácticas para facer un uso seguro e responsable das TIC. ??

Estas actividades forman parte do noso compromiso por fomentar unha concienciación dixital entre o alumnado, proporcionándolles os recursos necesarios para navegar de forma segura no mundo dixital. ??

Agradecemos á Policía Nacional a súa colaboración nesta importante tarefa educativa. Seguimos traballando para promover un entorno máis seguro e dixitalmente consciente para toda a comunidade escolar. ?✨

También te podría gustar...