Semana das letras Galegas 24/25
No Colexio Ayala sumámonos á homenaxe deste ano ás cantareiras, mulleres que foron e son voz, tradición e resistencia da nosa cultura. 🎶✨
Neste día tan especial, recoñecemos o seu papel fundamental na preservación da identidade galega a través da música popular, da palabra oral e da forza da colectividade.
📚 As Letras Galegas tamén se cantan!
Seguimos a aprender, valorar e vivir o noso, desde as aulas ata a alma.