Día de Rosalía de Castro 24/25
Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro! ??

No Colexio Ayala conmemoramos esta data tan especial lembrando a unha das figuras máis importantes da nosa cultura: Rosalía de Castro, pioneira na defensa da identidade galega e da xustiza social. A súa poesía e prosa deron voz ao pobo, denunciando as inxustizas e reivindicando o valor da nosa lingua e tradicións.
Para festexalo, en todos os niveis estamos a traballar con Rosalía Mariquiña, o noso recurso educativo creado en colaboración con Leandro Lamas. ?✨ Unha maneira divertida e didáctica de achegar ao alumnado á súa figura a través do xogo, a arte e a interacción.
? Desde os máis pequenos ata secundaria, coñecemos a Rosalía como autora e como símbolo da nosa identidade, explorando o seu legado con recortables, xogos dixitais e dinámicas creativas.


























? Queres sumarte á celebración? Rosalía Mariquiña está dispoñible de forma totalmente gratuíta para que todos os centros educativos poidan usalo. ? Anímate a descubrilo e dálle vida á nosa literatura!
? Que é Rosalía Mariquiña?
É un proxecto didáctico no que o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria pode aprender sobre Rosalía de Castro e a vestimenta tradicional galega a través de diversas actividades manipulativas e/ou dixitais:
? Infantil e 1º ciclo de Primaria:
? Xogo libre dixital para vestir a Rosalía Mariquiña.
✍️ Actividade de escritura co nome das prendas.
? Xogo de sumar e restar prendas de roupa.
? 2º e 3º ciclo de Primaria:
✂️ Recortable tradicional para vestir a Rosalía.
? Actividade sobre a vestimenta e tradicións galegas.
✏️ Personalización das prendas con descricións e debuxos.
? Secundaria:
? Análise da evolución da vestimenta galega e o legado de Rosalía.
? Creación de recortables dixitais e deseño gráfico.
?️ Fabricación de figuras en madeira con cortadora láser.
Agradecemos a colaboración de Leandro Lamas, e animámosvos a usar este material para acercar a Rosalía ás aulas dun xeito creativo e participativo.
? Comparte connosco como usades Rosalía Mariquiña nas vosas aulas! #rosaliamariquiña
Instrucións
Infantil e 1º Ciclo de Primaria ??
1️⃣ Xogo libre – «Mariquiñas» dixitais:
- O alumnado pode interactuar coa versión dixital de Rosalía Mariquiña arrastrando as prendas para vestila ao seu gusto.
- Na primeira diapositiva, os nomes das prendas son audibles ao tocarmos, facilitando a aprendizaxe oral e visual.
2️⃣ Escribimos os nomes das prendas:
- Hai 10 diapositivas onde o alumnado pode activar o lápis na esquina superior dereita para repasar ou escribir os nomes das prendas sobre a pauta escrita.
3️⃣ Conta, pon e quita:
- A roupa está toda revolta! O alumnado pode lanzar o dado e vestir ou desvestir a Rosalía co número de prendas que saia.
- Poden responder preguntas como «Cantas prendas faltan?», traballando de forma manipulativa os conceptos de suma e resta.
2º e 3º Ciclo de Primaria ?✂️
1️⃣ Recortable tradicional:
- Descarga e imprime o material para facer unha versión de Rosalía Mariquiña en papel.
- Recorta coidadosamente a Rosalía e as prendas, deixando pestanas para poder vestila.
- Se o prefires, pega o papel nun cartón fino para maior durabilidade.
2️⃣ Actividade cultural:
- Traballa as tradicións galegas a través da vestimenta tradicional.
- Afonda na vida e obra de Rosalía de Castro para comprender a súa importancia cultural e literaria.
3️⃣ Engade aprendizaxe no reverso:
- No reverso das prendas, escribe:
- O nome da prenda para reforzar o vocabulario.
- Unha pequena descrición (exemplo: “Levábase nas festas”).
- Un debuxo para personalizar cada peza.
Secundaria ??
1️⃣ Reflexión sobre tradicións:
- Analiza o significado cultural das prendas tradicionais galegas e a súa evolución ao longo do tempo.
- Afonda na figura de Rosalía de Castro como símbolo da identidade galega.
2️⃣ Recortable dixital e personalización:
- Usa os arquivos descargables dispoñibles na web para replicar o xogo en ferramentas dixitais (edición de imaxes, creación de presentacións interactivas, etc.).
- Crea dinámicas onde o alumnado recree o xogo dixitalmente, aprendendo habilidades de deseño dixital.
3️⃣ Fabricación con cortadora láser
- Descarga os arquivos de contorno.
- Corta as pezas nunha cortadora láser, empregando madeira de balsa ou fieltro.
- Imprime a versión a cor das prendas e pégallas ás pezas de madeira con Mod Podge ou similar.
- Crea unha Rosalía tridimensional única, ideal para traballo manipulativo noustros niveis
Recortable para imprimir
Recursos descargables

Créditos
- Ilustración: Leandro Lamas.
- Deseño e modelaxe: Nerevere.
- Idea orixinal, edición e fotografías: Mercedes Orbaneja.
- Música e narración: Xeradas con intelixencia artificial usando Suno e TTSMaker.
? Este recurso é completamente gratuíto e está baixo licenza Creative Commons. É obrigatorio divertirse e gozar mentres se aprende! ?
Rosalía Mariquiña © 2025 by Orbaneja, M.; Lamas, L.; is licensed under CC BY-NC-SA 4.0