Charla do Plan Director: «As TICs e os seus riscos» para as familias 24/25 📱💻
O próximo martes 21 de xaneiro de 2025, ás 16:30 horas, recibiremos no cole á Policía Nacional, que impartirá unha charla dirixida ás familias sobre un tema de gran relevancia: «As TICs e os seus riscos». Esta actividade está enmarcada dentro do noso Plan Dixital de Centro 24/25, co obxectivo de sensibilizar e informar sobre o uso seguro da tecnoloxía na vida diaria.
Hoxe en día, as TICs forman parte fundamental da vida dos nosos fillos e fillas, pero tamén traen consigo riscos que é importante coñecer para poder prevelos e xestionalos de maneira adecuada. Por iso, animamos a todas as familias a asistir. A vosa participación é clave para crear un entorno dixital seguro e saudable para o noso alumnado.
Non faltedes! Xuntos podemos protexer e educar no bo uso da tecnoloxía. 🔒👨👩👧👦