Guía de uso de Internet e RRSS 24/25
? Ciberatención familias e alumnado!
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaba de lanzar unha Guía de uso seguro de Internet e redes sociais ??, especialmente destinada ao alumnado dos centros educativos. Esta guía é unha excelente ferramenta para axudarnos a navegar de forma responsable e segura polo mundo dixital.
? Por que é importante? Porque, na sociedade dixital en que vivimos, protexer a nosa privacidade e ser conscientes dos riscos en liña é fundamental para garantir unha experiencia positiva e segura. Tanto para o alumnado como para as familias, esta guía é un recurso valioso para comprender mellor como utilizar Internet e as redes sociais de forma segura e adecuada.
? Podedes descargala premendo o botón:
Animámosvos a lela e estar ben informados!
