AyalaSat en RadioVoz 23/24
Hoxe tivemos o pracer de visitar o programa de Radio Voz Ferrol , onde o equipo CanSat do noso centro, o AyalaSat , foi entrevistado!
Foi unha experiencia incrible poder compartir o noso proxecto e a nosa paixón pola exploración espacial con todos os escoitantes. Agradecemos a Radio Voz por brindarnos esta oportunidade e por apoiar as iniciativas educativas.















