Podio no Circuíto Provincial de Piragüismo! 25/26
🏅 Lucas Díaz sube ao podio no Circuíto Provincial de Piragüismo!
Estamos moi orgullosos de compartir que o noso alumno Lucas Díaz logrou a medalla de bronce no Circuíto Deputación da Coruña de piragüismo, acadando podio xunto cos seus compañeiros, representando ao equipo local de Narón.
O evento, celebrado no paseo marítimo de Xuvia, contou cunha altísima participación e un nivel deportivo excepcional. Lucas, co seu esforzo e dedicación, demostra unha vez máis o valor do compromiso e do traballo en equipo.

💙 Parabéns, Lucas! Todo o Colexio Ayala celebra contigo este éxito! 💪🌊🚣♂️
Lea a nova completa en Diario de Ferrol
















