1a bicicletada do curso 25/26
🚴♂️✨ Este xoves pasado o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CPR Ayala realizou a súa primeira saída en bicicleta deste curso. O percorrido levounos ata o Tanque de Tormenta en Xubia, onde puideron coñecer de primeira man o seu funcionamento 💧.
🙏 Queremos agradecer de maneira especial á área de Educación Vial do Concello de Narón pola súa colaboración, que fixo posible desenvolver a actividade con total seguridade 🚦✅.
Unha experiencia enriquecedora, saudable e divertida que xa estamos desexando repetir! 💙🙌

























