Comunicado importante da ANPA 25/26
A nosa ANPA, que leva tantos anos ofrecendo servizos e actividades para o alumnado (extraescolares, madrugadores, etc.), precisa relevo na súa directiva.
🧩 Se non se presentan novas persoas voluntarias, a asociación deixará de estar activa este curso.
É o momento de dar un paso adiante 💪
Se queres colaborar ou obter máis información, podes contactar por correo electrónico da ANPA ou falar cun membro da directiva do cole.
💙 Grazas por todo o apoio ata agora. Seguimos construíndo comunidade entre todas as familias!

















